Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG critica o cambio de chaqueta de PSOE e En Marea, agora no goberno municipal

O Bloque continúa defendendo os plenos mensuais, como facían os grupos do goberno cando estaban na oposición.

O Bloque continúa defendendo os plenos mensuais, como facían os grupos do goberno cando estaban na oposición.

Fecha: 01 de Julio de 2019

Fuente: BNG Tui

A pesar das declaracións do Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, aos medios sobre a vontade de manter os plenos con periodicidade mensual, o Goberno Municipal comeza este primeiro pleno incumplindo promesas. Por isto, o BNG atópase na obriga de denunciar a incoherencia das forzas de goberno na aprobación de plenos de carácter bimensual.

En ningún momento se contou co BNG para esta decisión, aínda que sí ao parecer con outras forzas políticas da oposición, dándose como argumento a carga de traballo dos funcionarios. Esta excusa parécenos totalmente inapropiada, cando nos periodos anteriores, a carga de traballo era a mesma, non reducíndose o número de plenos. Cremos que ten máis a ver coa intención de negar o control e fiscalización aos grupos da oposición e á veciñanza na sección de rogos e preguntas. E isto é grave.

Opoñémonos rotundamente tamén á duplicación dos importes económicos a percibir por pleno. Esta medida ten un claro resultado: elimínase un pleno, e cóbrase por dous; na práctica: traballase un e cóbranse 2. O mesmo sucede coas dotacións pola asistencia a comisións informativas. O Alcalde de Tui polo PSOE non foi capaz de responder ás reiteradas preguntas por parte da portavoz do BNG sobre a causa da duplicación destes importes.

Plenos cada 2 meses supoñen un recorte de dereitos á cidadanía e á oposición, non podendo exercer o seu traballo xa sexa de control ao goberno, como de formalización de propostas. Négase tamén a posibilidade de que o conxunto da veciñanza tudense participe máis activamente da vida política do seu concello.

A pesar da nosa vontade constructiva, que nos caracteriza como forza política, vémonos na obriga de comezar a nosa labor denunciando este feito intolerable. Non se poden recortar dereitos nen liberdades.

Non é de recibo que se duplique o importe por asistencia: facendo o mesmo que se criticaba ao PP, co agravante de que agora o pleno será o dobre de costoso para os veciños.

Reiteramos que con esta medida, dificúltase gravemente o control e fiscalización do goberno que debe exercer a oposición mediante o control de xuntas de gobernos locais, de actividades dos concelleiros ou incluso rogos e preguntas por parte da veciñanza. Agora para plantexar unha pregunta ou rogo, os veciños de Tui, podemos ter que esperar ata 2 meses. En resumo: négase a manifestación da veciñanza e o coñecemento da actividade que está a ter o concello.

Desde o BNG defendemos os plenos mensuais. Hai 4 anos foi a primeira medida tomada polo goberno do cal formábamos parte, tendo incluso continuidade no período de retroceso despois da moción de censura. Máis curioso é o feito de que as forzas de goberno que apoian esta iniciativa (PSOE e En Marea) son as mesmas que na oposición protestaron contra ela cando era promovida por gobernos da dereita. Agora, co BNG fóra do goberno, propónse de novo a volta aos plenos bimensuais. Perde a transparencia, perde a democracia e perde a veciñanza de Tui. Mal comezamos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones