Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG de Tui denuncia a pasividade do Goberno municipal do PSOE en relación á problemática do colectivo de taxistas

O partido indica que non se avanzou ao respecto dende que presentou a moción en pleno, o pasado mes de xullo

O partido indica que non se avanzou ao respecto dende que presentou a moción en pleno, o pasado mes de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Febrero de 2023

Fuente: BNG de Tui

En xullo de 2022, o BNG de Tui presentou unha moción en pleno na que solicitaba o traslado da parada de taxis a unha nova ubicación, propoñendo para iso a rúa Compostela, no tramo entre rúa Casal Aboi e Ourense, por estar máis perto das zonas de maior mobilidade da veciñanza (centro de saúde, mercado, paradas de autobús, etc.). Tamén solicitaran que se dotase a parada dunha zona cuberta.

Dita moción quedou enriba da mesa ante o compromiso do equipo de goberno de reunirse co colectivo de taxistas para tratar este problema. Tras unha primeira reunión de contacto, a día de hoxe, sete meses despois, o partido nacionalista denuncia que aínda non se avanzou "un milímetro" neste tema. De forma pouco seria e irresponsábel, neste tempo os membros do goberno local faltaron á cita programada alegando que "se esqueceran".

Para o BNG, "esta é unha mostra evidente do escaso interese e da súa pouca vontade de diálogo cos colectivos sociais, á que [o Goberno municipal] teñen acostumada á cidadanía tudense. O colectivo do taxi ten outros problemas que non están sendo abordados, como son, por exemplo, dotar a parada dun punto de luz".

Por todo isto, o BNG de Tui esixe ao Goberno local que tome os seus compromisos adquiridos coa seriedade que merecen e se reúna de forma urxente co colectivo de profesionais do sector do taxi en Tui para coñecer a súa problemática e avanzar na busca de solucións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí