Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tui leva a pleno unha moción en defensa das traídas de augas veciñais

A non renovación das autorizacións está a crear malestar e preocupación entre @s veciñ@s

A non renovación das autorizacións está a crear malestar e preocupación entre @s veciñ@s

Fecha: 30 de Noviembre de 2017

Fuente: BNG - Tui

"O BNG presenta en Tui unha moción no pleno deste xoves dia 30 de novembro na que esixe unha actuación rápida e decidida por parte da Xunta de Galiza en defensa do ben comunitario que son as traídas de augas veciñais".

Desde hai uns meses varias comunidades de Augas de Consumo Humano en Tui (traídas de augas veciñais), atopáronse que ao proceder á renovación das concesións, por parte dos organismos da conca hidrográfica, neste caso a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, estalles a por múltiples atrancos e está denegando as autorizacións.

Estas son traídas que están legalizadas, que cumpren con todos os requisitos legais, análises, rede, tubaxes, cloración correctos, e que regularmente reciben subvencións públicas para levar a cabo o cometido de subministrar auga @s veciñ@s.

A non renovación das autorizacións está a crear malestar e preocupación entre @s veciñ@s, porque se lles quere ilegalizar un servizo, que aínda que non ten a consideración de público, si é comunal e comunitario.


"A auga é un ben das persoas e máis da natureza,non é un negocio de grandes especuladores. É un ben fundamental para a vida polo que ten que ser considerado o seu aspecto social" comentou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui.

O BNG considera que as nosas parroquias, ao igual que o noso País, teñen cultura de auga e foron e seguen sendo quen de administrala, conservala e xestionala desde ben antigo a través das traídas de augas veciñais, que ademáis, encárganse de manter o bo estado das masas de auga para perservar a vida na natureza e o benestar das nosas veciñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones