Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG pedirá no Parlamento que a Xunta non autorice o parque eólico na Serra do Galiñeiro

O deputado Luís Bará demandará tamén no Parlamento a elevación da protección ambiental do Galiñeiro incorporándoo no Parque Natural do Aloia.

O deputado Luís Bará demandará tamén no Parlamento a elevación da protección ambiental do Galiñeiro incorporándoo no Parque Natural do Aloia.

Fecha: 09 de Octubre de 2018

Fuente: BNG Tui

O BNG de Tui urxe o compromiso por preservar os valores pasaxísticos e arqueolóxicos, etnográficos, sociais e ecolóxicos da Serra do Galiñeiro. O concelleiro , Xosé M.Tato, cualificou o proxecto de instalación dun parque eólico no Galiñeiro de "grave agresión ambiental contra un emblema natural".

Desde a fronte nacionalista destacan que xa no 2008 a Comunidade de Montes de Vincios esixiu á Xunta de Galiza que o cordal da Serra do Galiñeiro fose incorporado no Parque Natural do Monte Aloia. Nesta liña, o BNG ten demandado, xunto coas institucións públicas das comarcas afectadas, que se eleve o nivel de protección da Serra do Galiñeiro.

Tato recordou que "a gran parte dos concellos da bisbarra téñense posicionado a favor de garantir a protección e posta en valor deste territorio, e neste sentido temos que seguir a lamentar a falta de actuación política por parte do Partido Popular na Xunta de Galiza, desouvindo ese clamor social e institucional" durante todos estes anos.
O concelleiro do BNG en Tui urxe ao goberno de Feixóo a tomar medidas para "impedir que se instale un parque eólico que suporía un claro atentado ambiental na Serra do Galiñeiro". Para evitar unha agresión medioambiental de tal calibre, o BNG vén de promover unha iniciativa parlamentar.

Proposición non de Lei

O deputado nacionalista Luís Bará defenderá no Parlamento galego unha iniciativa parlamentar na que se solicita a denegación da autorización do proxecto de execución do parque eólico, a fin de preservar os valores e funcións económicas, ambientais e sociais da Serra do Galiñeiro. É por iso polo que solicitan retomar a tramitación de área protexida para a Serra do galiñeiro e a súa incorporación ao Parque Natural do Aloia.

Desde a formación nacionalista entenden que, de executarse dito proxecto, suporía un impacto ambiental crítico sobre a paisaxe e o patrimonio, sendo totalmente contraditorio co establecido pola lei do patrimonio Cultural de Galiza e polas leis de Conservación da natureza e do patrimonio natural e biodiversidade, así como diversas directivas europeas.


Xosé M.Tato agarda que esta iniciativa que defenderá o BNG na cámara galega "conte co apoio do conxunto dos grupos e do conxunto cámara". Así e todo, "o máis importante é que non fique en palabras e que o goberno galego de Núñez Feixóo se poña mans á obra e antes de máis nada denegue esa autorización administrativa e inicie os traballos para elevar a protección da Serra do Galiñeiro", apuntou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones