Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG pide asistencia psicolóxica para as persoas afectadas pola traxedia de paramos no Centro de Saúde de Tui

Prado: -É indecente a inacción da Xunta ante quen o perdeu todo-

Prado: -É indecente a inacción da Xunta ante quen o perdeu todo-

Fecha: 05 de Julio de 2018

Fuente: BNG - Parlamento

Despois da traxedia ocorrida o pasado 23 de maio no lugar de Paramos en Tui, coa explosión de material pirotécnico almacenado de xeito totalmente irregular, é preciso prestar á máxima atención ás persoas afectadas. A atención debe cubrir aspectos materiais, físicos, socias, mais tamén emocionais e psicolóxicos.

"Estanse atendendo algúns dos aspectos materiais aínda que dun xeito totalmente insuficiente, mais son os psicolóxicos, os que pasados xa 41 días do impacto da traxedia, empezan a ser motivo de preocupación, e consideramos que é preciso dotar de recursos para atender este aspecto no propio centro de saúde de Tui", reclamou a deputada por Pontevedra, Montse Prado, ante o director xeral de Asistencia sanitaria da Xunta, Jorge Aboal.

"É preciso axudar ás persoas que perderon as súas vivendas, os seus recordos, que o perderon todo, que viven de prestado, axudalas a recuperar o equilibrio roto pola situación que están vivindo, facilitar o control da situación, axudar a entendela, evitar secuelas", alegou a nacionalista, crítica co "indecente" inacción da Xunta que só ten como proposta derivar ao Alvaro Cunqueiro a asistencia psicolóxica a persoas que non teñen nin como desprazarse ao hospital vigués.

"A irrupción dun desastre desta magnitude sobrepasa a capacidade de abordalo e superalo de moitas das vítimas, en particular ás persoas maiores e @s nen@s", indicou Prado, porque estamos ante persoas "esgotadas, de baixa laboral, persoas ás que lles costa levantarse da cama e mesmo pasan días sen facelo", explica.

As vítimas realoxadas son as que peor están vendo como o tempo pasa sen poder recuperar a vida que perderon no sinistro, e as que seguen nas súas vivendas tampouco dan recuperado a normalidade no medio dos destrozos sufridos sen arranxar e coa veciñanza ausente.

"É evidente que precisan atención psicolóxica profesional continuada e próxima, que debería prestáreslles desde o propio centro de saúde de Tui", demandou Prado, e hai 35 familias "apuntadas" que reclaman esa atención.

Pese a situación desesperada e as súas peticións, o único que lles ofrece o goberno do PP é o desprazarse ao Hospital Alvaro Cunqueiro que conta cun número máis que escaso de persoal para prestar esta asistencia (1psicologo clínico no Cunqueiro e 1 no Meixoeiro) xa de por si moi saturados de traballo, coa súa axenda de traballo cuberta

"Non hai ningunha xustificación para non dar atención psicolóxica as persoas afectadas pola traxedia de Paramos: Hai demanda, hai unha necesidade máis que xustificada, hai profesionais de psicoloxía máis que de sobra nas listas de contratación e no desemprego, hai espazo no centro de saúde de Tui, só falta vontade política", concluíu Prado ante falta de propostas da Xunta.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí