Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG presenta o primeiro tramo da candidatura das municipais preparado para frear o declive actual de Tui

O BNG é a primeira organización política en presentar o primeiro tramo da candidatura ás eleccións municipais de 2019.

O BNG é a primeira organización política en presentar o primeiro tramo da candidatura ás eleccións municipais de 2019.

Fecha: 18 de Enero de 2019

Fuente: BNG Tui

O BNG é a primeira organización política en presentar o primeiro tramo da candidatura ás eleccións municipais de 2019. A lista aprobada en asemblea local aberta , estará encabezada por Carme Núñez (concelleira de patrimonio no governo anterior), actual portavoz municipal da formación nacionalista; reside na parroquia de Pexegueiro, traballa como médica de atención primaria no centro de saúde de Tomiño,e, é portavoz no Baixo Miño da Plataforma Soligariedade Galega co Pobo Saharauí. De número dous irá Xosé Martínez Tato (concelleiro de medioambiente, limpeza,participación cidadá e do medio rural de Tui),veciño das Bornetas, xubilado do sector do metal, presidente da asociación "Anda Tui-Rego da Pedra", de número tres Ernesto Cañedo, veciñ@ de Baldráns, técnico de instalacións de liñas eléctricas,foi delegado sindical do metal na CIG, membro da comunidade de montes de Baldráns,activista en diversas asociacións veciñais, membro da asociación "Amizade galego-cubana Francisco Villamil" ademáis de outras asociacións de solidariedade internacionalistas, colaborador en actividades na defensa do medioambiente e militante do Partido Comunista do Pobo Galego, como número 4 Alexandre Negro, veciño do casco histórico de Tui, técnico superior en comercio internacional, operario de automoción,e, de número 5, Ana Bernárdez, veciña de Pexegueiro,técnica superior en axencias de viaxes e en guías, información e asistencias turísticas responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño e portavoz da Asemblea de Mulleres na Comarca.

O BNG fixo público o primeiro tramo da candidatura que concorrerá ás eleccións municipais de 2019. Presentamos hoxe a primeira parte dun grupo de traballo que nace das asembleas locais, do diálogo con persoas independentes que se integran neste grupo para fortalecer o nacionalismo e recuperar o governo en Tui.

A candidata nacionalista volveu convidar a participación a través das asembleas abertas a todas as persoas preocupadas pola nefasta situación de Tui "porque cremos que é necesario desaloxar do Concello á dereita dirixida polo PP e aos seus secuaces colocad@s ao servizo do amiguismo, das cacicadas e dos favores de quen governa. O PP deu un golpe para por os seus intereses partidistas por riba do interese xeral da veciñanza", sinalou a cabeza de lista do BNG en Tui.

Desde o BNG fan un chamamento para construír unha alternativa nacionalista,e , levar adiante un proceso que permita darlle un futuro digno a Tui. "Estou convencida de que a veciñanza sabe que no BNG estamos en disposición de facer de Tui un concello de referencia: coa zona histórica rehabilitada, que beneficie o rexurdimento do comercio local, da hostalaría, e do turismo; con parroquias vivas, que conten con infraestructuras dignas e con servizos básicos implantados. Un concello do que todas nos sintamos orgullosas e no que queiramos e poidamos traballar", apuntou Carme Núñez.

Encontros sectoriais para elaborar o programa
Neste sentido anunciou que o BNG celebrará encontros sectoriais para recoller propostas de todas as persoas e colectivos que queiran facer achegas para un cambio indispensábel e urxente na nosa cidade.

Chegou o momento de por fin aos que so aspiran a sentar nun sillón para resucitar a política do oportunismo e da cobiza persoal. Partindo da experiencia destes anos, e collendo como referencia os "concellos BNG" imos construír a nosa alternativa para mudar Tui, concluíu Carme Núñez
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones