Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG propón un acceso apropiado ao Polígono industrial de Areas afectado polas obras da vía rápida Tui-A Guarda

Luís Bará denunciou que o actual ?funil-, de 8 metros, impide o cruce de dous vehículos articulados e reclamou un acceso -nas mellores condicións-, despois de 58 M? de investimento

Luís Bará denunciou que o actual ?funil-, de 8 metros, impide o cruce de dous vehículos articulados e reclamou un acceso -nas mellores condicións-, despois de 58 M? de investimento

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Abril de 2023

Fuente: BNG

A través dunha pregunta ao goberno, o deputado do BNG, Luís Bará  reclamou facilitar un  acceso apropiado ao polígono industrial Areas afectado polas obras da  rápida Tui- A Guarda.

O parlamentario explicou que o polígono  naceu hai varios anos cun problema de acceso  que obrigaba en moitas ocasións a acceder a través dun centro comercial contiguo.
Esta situación, dixo,  motivou que na parroquia de Areas dende hai anos, se produzan tapóns que “colapsan o acceso” á zona comercial e á zona industrial. A veciñanza de Areas, de Randufe e do propio núcleo de Tui, entenderon que
eses colapsos  poderían  solucionarse coas obras da vía rápida Tui- A Guarda,  cun investimento inicial  de 21  millóns de euros.

Para o deputado, o goberno, lonxe  de aportar unha  solución, habilitou un paso de escasos 8 metros, nos que a duras penas pode cruzar un turismo con outro. A   xuízo, do deputado, este acceso é “unha verdadeira chapuza” no paso de conexión da Autovía 55 ao polígono de Areas en Tui.

O parlamentario amosou diversas fotografías para demostrar que resulta imposible o tránsito de tráfico pesado que pretende acceder ao polígono polo que preguntou se a consellería de Infraestruturas é consciente das dificultades do tráfico e das persoas que deben utilizar unha beirarrúa de 50cm que cualificou de “ilegal”.

Unha simple visita ao lugar, dixo o nacionalista,  constata que estamos ante unha deficiente xestión e unha “actuación esperpéntica” dunha obra que ascende na actualidade a “33 millóns de euros” e de non incluír  unha rectificación ,   “hipotecará  o futuro da mobilidade de miles de veciños da contorna e  do propio polígono industrial de Areas”.

O actual funil, explicou, forma parte dunhas obras que superan os 31M€ de investimento e unha obra con dúas adxudicacións á mesma empresa. As obras foron paralizadas durante oito anos e a Xunta volveu a adxudicar as obras a mesma empresa, “Copasa”.

Naquel momento,  engadiu Bará, os planos recollían a construción de dúas rotondas e un vial que pasa por debaixo da autovía, supostamente de dobre dirección pero a realidade, é  “un tubo polo que non pasan dous coches ou un camión articulado”.

Tras a resposta da conselleira de Infraestruturas, Ethel  Vázquez que non anunciou ningunha rectificación  do acceso ao polígono industrial , o deputado do BNG recomendou á conselleira que visite a zona para explicarlle aos veciños que a previsión da Xunta era unha dobre rotonda con un dobre carril, e isto non se vai facer. “Non sigan enganando a xente, non a estafen”.

O deputado pediu á titular de infraestruturas que “non mire para outro lado” e non agarde a que poida empotrarse un vehículo articulado pola falta de espazo. Están a tempo, rectifiquen porque despois de 58 millóns investidos están obrigados a facer unha obra “en condicións” e cun acceso apropiado ao polígono industrial. “Non permitan esta chapuza”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí