Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG recolle sinaturas por unha Sanidade Pública de Calidade en Tui

O BNG de Tui ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas de cara a recabar un importante apoio social

O BNG de Tui ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas de cara a recabar un importante apoio social

Fecha: 10 de Octubre de 2018

Fuente: BNG Tui

A sanidade pública de Galiza está nunha situación de deterioro xeneralizado na que a Atención Primaria está sendo unha das principais damnificadas das nefastas políticas do Partido Popular. Todas as decisións tomadas foron en detrimento dunha Atención Primaria como o eixo fundamental do sistema sanitario, como elemento de coordinación clave para que o modelo sexa sostíbel: masificación de consultas, cupos de profesionais por enriba do estabelecido, redución de profesionais, non substitución nin por xubilación, nin vacacións nin ILT, nin outro tipo de licenzas ou permisos, as listas de espera xa son habituais, peche de axendas, colapsos, profesionais que ao ter que acudir a algunha urxencia teñen que deixar as súas consultas abandonadas durante horas, listas de espera de ata unha semana...

O centro de saúde- PAC de Tui, responde á situación que se acaba de describir. A política do Sergas de non substitución do persoal, nin nos seus permisos, nin vacacións está a ter como consecuencia a redución de servizos e unha sobrecarga asistencial brutal.

Por esa razón, @s usuari@s están a sufrir alteracións nas citas médicas xa concertadas e as novas solicitudes de consulta teñen unha grande demora.

Non podemos esquecer tampouco nesta ocasión, as deficiencias que vimos denunciando como son:

- a situación de deterioro dunhas instalacións que foron inauguradas con precipitación por motivos electorais do PP, e que desde a súa apertura teñen problemas que causan inconvenientes tanto aos usuari@s como aos/-as profesionais.

- a sala de espera de urxencias insuficiente, que ten a metade de superficie da instalación anterior o que provoca que as persoas usuarias teñan que estar nos corredores, amoreada ou esperando fóra.

-A pésima localización dos servizos para o persoal, unha zona de vestiarios e de descanso do persoal do centro saúde-PAC nunha planta diferente á que se presta á atención aos doentes, portas que xeran correntes de aire nocivas, forman parte dunha suma de problemas que deben ser solucionadas.

Así, o BNG de Tui quere informar que ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas, de cara a recabar un importante apoio social coa finalidade de presionar ao Partido Popular para que non lle tome o pelo á veciñanza de Tui e resolva dunha vez os problemas que presenta a Sanidade Pública na nosa cidade.

"Este xoves 11 de outubro, a partir das 11:30, diante do centro de saúde-PAC de Tui , o BNG estará recollendo sinaturas , polo que animamos á veciñanza de Tui a que asine. É un simple, mais moi importante, xesto co que cada veciño/a de Tui pode colaborar de cara a conseguir as xustas melloras que os/as tudenses reclamamos, e merecemos" apuntou a portavoz do BNG, Carme Núñez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones