Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG rexeita o futuro peche da estación de tren de Guillarei en Tui e realiza unha campaña en defensa do servizo de información e venda presencial

ADIF e RENFE veñen de anunciar a eliminación do servizo de información e atención ao público e a a venda presencial de billetes na estación de Guillarei

ADIF e RENFE veñen de anunciar a eliminación do servizo de información e atención ao público e a a venda presencial de billetes na estación de Guillarei

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: BNG - Baixo Miño

ADIF e RENFE veñen de anunciar a eliminación do servizo de información e atención ao público e a a venda presencial de billetes nas estacións de O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Ribadavia, Sarria e Guillarei, unha decisión que vai causar graves prexuízos ás persoas usuarias do ferrocarril de Galiza.

Esta medida ten como resultado que se deixe de dar servizo as máis de 56.000 persoas que o ano pasado mercaron un billete nestas estacións e afectaría tamén a 160.00 viaxeiros e viaxeiras que as utilizan como orixe ou destino, ás que se lles substrae a posibilidade de se dirixir ao persoal de atención ao público do ferrocarril galego.

Na comarca do Baixo Miño,a estación de tren de Guillarei deixará de prestar o servizo de venda presencial de billetes nas vindeiras semanas. Así llelo comunicou Adif ao comité de empresa dentro do proceso de cambio do canle de venda de billetes de Adif a Renfe.


Este recurte no servizo de persoal de circulación non ten xustificación algunha posto que, no caso da estación de Guillarei, hai máis de 20.000 viaxeiros por ano,e ,teñen unha recadación de 10.101€ mensuais e o 80% da venda de billetes faise alí, presencialmente, na propia taquilla.






Hai que destacar a laboura de información que fai o persoal xa que en Guillarei, o persoal laboral actual é persoal de Adif,non de RENFE, popularmente coñecido como "perosal de circulación" que se encargaba de dar saída aos trens (servizo que xa se lles foi eliminado das súas competencias), dar infomación completa (horarios de diferentes destinos, avarías, tipos de descontos, etc),e máis a venda presencial en taquilla.


Asistimos á calculada demora para dotar a Galiza dun tren de alta de velocidade diante da complicidade do goberno do PP na Xunta e dos seus deputados e deputadas no Congreso. Nesta liña de recortes e redución de servizos non nos debería sorprender que o próximo fose o peche destas estacións, coa conseguinte perda de postos de traballo e desatención as persoas usuarias. Un ataque as prestacións e servizos que gozan os galegos e galegas, pretendendo o desmantelamento destas estacións que son puntos de referencia para importantes comarcas do pais, principalmente de zonas rurais e do interior.

Trátanse de menosprezo contra os galegos e galegas, que revelan a mentira do discurso oficial de potenciación do tren e de compromiso coa vertebración e desenvolvemento do país e especialmente das zonas rurais.


Así pois o BNG na nosa comarca vai iniciar unha campaña de defensa do mantemento do servizo de atención ao público e venda presencial de billetes nas estacións afectadas, entre as que está a estación de Guillarei realizando unha recollida pública de sinaturas en tódolos nosos concellos, tamén levando aos plenos municipais a través de mocións esta problemática e presentaremos unha proposta no Parlamento Galego, ao cal, pregamos a colaboración de todas a veciñas e veciños do Baixo Miño a que participen con nós para evitar un futuro peche da estación de ferrocarril de Guillarei.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí