Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O campo de fútbol municipal Álvarez Durán de Tui estrea novos vestiarios

O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde Enrique Cabaleiro coincidiron en subliñar -a importancia de que as mellores instalacións deportivas cheguen á veciñanza-

O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde Enrique Cabaleiro coincidiron en subliñar -a importancia de que as mellores instalacións deportivas cheguen á veciñanza-

Fecha: 16 de Septiembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os novos vestiarios do campo de fútbol municipal Álvarez Durán, xa son desde este domingo unha realidade. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e ao presidente e aos xogadores do Tyde F.C., inauguraron esta tarde a reforma das instalacións nun acto previo á disputa do primeiro partido do club tudense na casa fronte ao C.D. Arcade, da Primeira Autonómica. As obras foron financiadas polo Plan Concellos 2017 cun investimento de case 70.000 euros (69.889,60€).

Santos Héctor e Enrique Cabaleiro coincidiron en destacar a importancia de actuacións como estas "para que a xente do noso deporte dispoña das mellores instalacións posibles, viva onde viva". "O deporte é a revolución do século XXI, dixo o deputado de Cooperación, e o apoio das administracións é indispensable para que, desde a base, a nosa mocidade conte con equipamentos dignos para a práctica deportiva". Santos Héctor subliñou tamén "os bos resultados que está a dar o Plan Concellos, un programa que valoran todos os alcaldes e alcaldesas da provincia porque, con este goberno provincial, a distribución dos recursos realízase con equidade, con criterios técnicos e obxectivos, e trata aos concellos de igual a igual, respectando as prioridades que marcan os gobernos municipais. Son eles, lembrou o deputado, quen escolle cales son as obras que queren financiar coas partidas da Deputación". Santos recordou que este ano o goberno de Carmela Silva destina co Plan Concellos a Tui máis dun millón de euros, un 3,25% máis que en 2018.

A actuación nos antigos vestiarios do "Álvarez Durán", consistiu na redistribución e optimización dos espazos existentes baixo a grada para crear vestiarios do equipo local, visitante e árbitros, dando cabida tamén a unha zona de duchas, aseos, bancos e unha sala de enfermería. Deste xeito, as obras comprenderon a reparación das paredes, tamén se despregaron máis de 100 metros cadrados de pavimento vinílico antideslizante e substituíuse a carpintería. Amais, realizouse unha nova instalación de fontanería, electricidade e saneamento, e pintouse o muro.

 

Case 7 millóns de euros en 4 anos
O goberno de Carmela Silva rematará este ano 2019 cun investimento total de preto de 7 millóns de euros no concello de Tui, o maior investimento na vila tudense da historia da institución provincial.

Só con Plan Concellos, Tui puido financiar un total de 58 obras por máis de tres millóns de euros (3.039.928,97 euros), e coa Liña 3 de emprego, o goberno municipal tudense puido contratar, co financiamento da Deputación, a un total de 83 persoas desempregadas para traballar no concello (900.044,2 euros)

O concello de Tui tamén é un dos beneficiarios doutro dos plans provinciais, o Plan DepoRemse, que destina á mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre-Páramos un investimento de preto de medio millón de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones