Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Nº2 de Tui conta xa cun novo comedor con capacidade para 130 nenos

Dende o pasado luns os alumnos deste centro educativo que acoden a este servizo xantarán xa nas novas instalacións na antiga casa do conserxe que foi reformada para albergar estas novas instalacións.

Dende o pasado luns os alumnos deste centro educativo que acoden a este servizo xantarán xa nas novas instalacións na antiga casa do conserxe que foi reformada para albergar estas novas instalacións.

Fecha: 02 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

Dende o pasado luns os alumnos deste centro educativo que acoden a este servizo xantarán xa nas novas instalacións na antiga casa do conserxe que foi reformada para albergar estas novas instalacións.

Deste xeito dáse satisfacción á solicitude realizada tanto dende a dirección do CEIP nº2 coma dende a ANPA do centro para mellorar o servizo prestado e ao tempo ampliar a capacidade ante a gran demanda do comedor que rexistran, xa que no anterior emprazamento estaban cubertas todas as prazas. As novas instalacións contan con capacidade para 130 nenos, aínda que polo momento as prazas habilitadas son 115 á espera de colocar máis mesas e cadeiras.

Á inauguración do luns acudiron o alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o concelleiro de Obras, Antonio Castro Negro, xunto ao director do centro, Luis Ruiz.

O alcalde quixo aproveitar a visita ás instalacións para manifestar que se trata dunha boa noticia e que, a pesar de que o proceso foi máis lento do previsto, finalmente pódese cubrir unha necesidade do centro con maior alumnado do municipio.

Pola súa parte, Mila González, concelleira de Educación, recoñeceu que quedan obras no acceso ao comedor e que seguirán a estudar as peticións que reciben do centro, pero mostrouse satisfeita cos resultados no interior das instalacións.

Luis Ruiz, director do CEIP Nº2, apuntou que se trata dunha demanda que tanto o centro como a ANPA levan realizando dende hai anos e que coas posibilidade de 130 novas prazas darán resposta ás necesidades das familias na conciliación da vida persoal e laboral.

Compre lembrar que as obras para adaptar as instalacións da antiga casa do conserxe, que ocupaba até o curso pasado a sede do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Tores, foron financiadas con fondos propios, con cargo ao plan Concello, e a Xunta de Galicia aportou o novo mobiliario para o comedor.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones