Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP nº2 de Tui participa en Dublín nun evento conxunto de formación do profesorado Erasmus+

Este Proxecto de Centro, co bo facer de profesorado , alumnado, familias e o conxunto da comunidade educativa, servirá para ter unha vida máis -San, Saudable e Feliz-

Este Proxecto de Centro, co bo facer de profesorado , alumnado, familias e o conxunto da comunidade educativa, servirá para ter unha vida máis -San, Saudable e Feliz-

Fecha: 09 de Octubre de 2019

Fuente: CEIP N2 Tui

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus + 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Dublín (Irlanda)

Lunes 7 de outubro 19- Viernes 11 de outubro 19


Durante esta semana, 7- 11 de outubro de 2019, tres mestres do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no "III Evento Conxunto de Formación do Profesorado", no Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín) en Irlanda. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro "Promovendo estilos de vida felices e saudables".

Os docentes do noso centro participan conxuntamente con outros das escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese -Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante -España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín -Irlanda) 
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
 

Na xornada de hoxe, martes 8 de outubro de 2019, o profesorado foi recibido e visitaron a escola de Dublín, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc... Tamén tiveron oportunidade de aprender danzas e bailes tradicionais de Irlanda.

Na xornada do mércores, día 9 de outubro, terán un curso de adestradores de Hurling, un deporte de orixen celta, que se xoga principalmente en Irlanda e que traerán a Tui para que o coñeza o alumnado do noso centro educativo.

O xoves, 10 de outubro,  para rematar a estadía en Dublín, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto: proposta de actividades para este curso: mindfulness (relaxación), alimentación sa e saudable e actividade física. Así, como coordinar as viaxes previstas para este curso:

  • Viaxe a Torrevieja (Alacante) do alumnado de 6º EP do noso colexio que viaxará en marzo de 2020 e que coincidirán alí cos compañeiros/as de Alacante e de Varese ( Italia).
  • Viaxe a Tui do alumnado da Escola Abadias de Figueira da Foz (Portugal) e do alumnado do Colexio as Culturas de Torrevieja (Alacante).

Viaxes nos que o alumnado afondará na temática do proxecto ademais de fomentar lazos deportivos, culturais, gastronómicos, etc.

Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros/as desprazados a Dublín, é moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

Así mesmo, no centro estase a traballar para poñer en marcha o proxecto para este ano, con todo o que nos vai deparar:

  • Coincidindo coa Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte iniciamos a Milla Erasmus de Lúa, onde cada día, no recreo, o alumnado percorre millas para axudar a Lúa (a mascota do colexio a dar a volta ao mundo).
  • Nos días inicias do curso, leváronse a cabo numerosas promocións deportivas, en colaboración cos clubs de Tui para animar a todo o alumnado a facer actividade física e saudable.
  • Na vindeira semana, terán lugar as xornadas de iniciación do proxecto para este curso, onde mindfulness, ioga, a alimentación sa serán os protagonistas, con obradoiros, proxeccións de curtas e películas educativas neste senso. Lúa ten grandes ideas para este curso entre as que se atopa un posible restaurante saudable.
  • Tamén, sumándonos á concienciación polo cambio climático, xa está a funcionar a patrulla ecolóxica que cada día traballa para concienciar a todo o alumnado na importancia da recollida selectiva dos residuos que xeramos na escola.
  • Seguimos este ano, potenciando ahorta escolar, promovendo o cultivo de alimentos ecolóxicos. En colaboración co Equipo Plurilingüe do centro, a horta dará un paso adiante na organización e deseño das zonas de cultivo, instalando bancais e outros elementos decorativos, facendo dela un espazo acolledor, dinámico e atractivo. Sendo o seu obxectivo, que nela medren verduras e alimentos que posteriormente cociñaremos no restaurante de lúa para desgustar.

Por diante temos un curso cheo de celebracións: Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas... Este Proxecto de Centro, co bo facer de profesorado , alumnado, familias e o conxunto da comunidade educativa, servirá para ter unha vida máis "San, Saudable e Feliz".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones