Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP nº2 de Tui propón iniciativas para a Axenda Urbana 2022

Un cine, espazos seguros para moverse e máis pistas deportivas entre as propostas do alumnado do CEIP Nº2 de Tui para a Axenda Urbana

Un cine, espazos seguros para moverse e máis pistas deportivas entre as propostas do alumnado do CEIP Nº2 de Tui para a Axenda Urbana

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O proceso participativo da Axenda Urbana de Tui chega aos centros educativos públicos para reunirse co alumnado e escoitar de primeira man as súas inquedanzas e propostas. O primeiro centro en recibir ao equipo da Axenda Urbana de Tui foi o CEIP Nº2.

O alumnado de 4ºA, 4ºB e 4ºC de Primaria deste centro coñeceu o concepto e principios da Axenda Urbana Española e achegouse aos obxectivos que Europa e España queren acadar nos vindeiros dez anos. Divididos en grupos afondaron no coñecemento do ODS 11 (Obxectivo de Desenvolvemento Sostible) que baixo o título “Cidades e Comunidades Sostibles” organiza o crecemento dos concellos en base a dez principios: ordenar o territorio e facer un uso racional do solo; evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente; previr e reducir os efectos do cambio climático; facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular; favorecer a proximidade e a mobilidade sostible, fomentar a cohesión e buscar a equidade, impulsar e favorecer a economía urbana; garantir o acceso á vivenda; liderar e fomentar a innovación dixital e mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza.

O alumnado de 4º de Primaria acadou con sobresaínte os obxectivos e, despois de achegarse a estes termos, propuxo unha listaxe de desexos para os contemple a Axenda Urbana de Tui. Un cine, unha fonte pública na Corredoira, pistas deportivas no centro urbano, máis árbores e mellora tanto da estética como da seguridade na avenida da Concordia, máis sendas que conecten o centro coas parroquias pola beira do Miño, un camiño para ir en bici a Portugal, un centro no que reunirse para estudar e xogar en liña e unha estación de bicis de aluguer foron as propostas máis repetidas. A estas, hai que sumarlle a demanda dunha feira de anime, un parque con alugueiro de patinetes e o parque acuático e de atraccións. Pero ademais tamén pediron unha casa nunha árbore, un inchable xigante, unha gamestore e unha fábrica de chuches con obradoiro para os máis pequenos e pequenas.

Nada pasa desapercibido para a súa ollada e tiveron presente aos que teñen máis dificultades pedindo ramplas para as cadeiras de rodas, máis investigación para frear a COVID, fontes ao longo do camiño para os peregrinos, menos canceiras e máis refuxios e concienciación no trato e coidado dos animais.

O profesorado tamén tivo ocasión de trasladarlle as súas ganas de participar solicitando máis actividades nas que o alumnado interactúe co resto da cidade e amosando as súas ganas de ver revitalizado o conxunto histórico.

En definitiva, o alumnado de Tui concorda coa Unión Europea e o goberno de España en que ten que haber máis espazos seguros para camiñar, para ir en bici, para a práctica deportiva e para conectar as parroquias, o centro urbano e Portugal. Tamén deseñan un futuro con máis árbores, con mellor accesibilidade, con servizos de alugueiro para compartir bicis e patinetes, con fontes públicas e con moito respecto aos animais e á natureza.

A Axenda Urbana de Tui é un documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

Co obxectivo de redactar unha estratexia consensuada, parte do equipo redactor reúnese ao longo destes meses coas asociacións e colectivos veciñais, sociais e comerciais de todo o concello así como escolares e tamén a mocidade dos institutos de secundaria.

Tui camiñará cara un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Dos 8.131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana. Polas súas fortalezas e posicionamento estratéxico Tui é un dos municipios seleccionados por Europa para redactar o seu proxecto piloto e servir de exemplo ao resto das cidades de España e Europa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones