Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui participará no -Depo Escolas Emprendedoras-

O alumnado dos tres últimos cursos de Primaria elaborará durante o curso 2016/2017 un produto en cooperativa que venderán nun mercado ou feira das súas localidades

O alumnado dos tres últimos cursos de Primaria elaborará durante o curso 2016/2017 un produto en cooperativa que venderán nun mercado ou feira das súas localidades

Fecha: 25 de Octubre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O programa "Depo Escolas Emprendedoras", co que rapaces e rapazas de cuarto, quinto e sexto de primaria crearán e xestionarán no curso 2016/2017 unha cooperativa na que fabricarán produtos que van vender unha vez ao ano nun mercado ou feira da súa localidade, comeza esta semana en sete centros educativos da provincia. Deste xeito, o profesorado destes colexios de Cambados (CEIP Antonio Magariños Pastoriza), Cangas (CEIP A Rúa), Pontevedra (CEIP Príncipe Felipe e CEIP Barcelos), Ribadumia (CEIP Xulia Becerra), Tui (CEIP Plurilingüe nº 1) e Vilaboa (CEIP Plurilingüe Riomaior) xa está a recibir a formación, certificada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que os e as dotará das ferramentas necesarias para que os seus alumnados adquiran a competencia emprendedora que este proxecto persegue.

O programa "Depo Escolas Emprendedoras" ten como finalidades, ademais deste obxectivo xeral, o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. A comunidade escolar da provincia disporá de, entre outros recursos, un portal educativo en Internet onde se lles ofrecerá información útil e documentos de apoio cos que reforzar os contidos dos materiais didácticos empregados nas aulas, así como poderán facer as súas propias achegas para facilitar a coordinación do proxecto.

A súa metodoloxía encadra ao alumnado no papel de protagonista da súa propia aprendizaxe, xa que se basea nun traballo dende a práctica onde esa aprendizaxe é activa, cooperativa e significativa, onde a relación entre o centro educativo e os feitos acontecidos na súa contorna máis próxima estarán presentes a diario. A materia incluída neste programa se desenvolverá dun xeito transversal, de modo que o alumnado adquirirá coñecementos nas distintas áreas de coñecemento como matemáticas, ciencias, linguaxe, cultura e tamén competencia dixital, social e cívica ou "aprender a aprender".

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, declarou ao presentar "Depo Escolas Emprendedoras" ante os medios de comunicación o pasado mes de setembro que "este tipo de proxectos aínda non son habituais en España porque non temos unha cultura de emprendemento, pero consideramos que ademais da educación regrada é importante que os rapaces e rapazas coñezan a potencialidade da súa contorna, e que elaboren os seus propios proxectos será moi beneficioso".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones