Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui participa nunha English Week este outono

Establécense sete quendas de inmersión lingüística dunha semana de duración entre o 8 de outubro ata o 25 de novembro

Estas estadías, que son de balde para os estudantes participantes, benefician a 19 centros da provincia da Coruña, 6 de Lugo, outros 6 de Ourense e 10 de Pontevedra

Fecha: 04 de Octubre de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán, a partir desta mesma semana, nas English Week que se celebrarán no centro de inmersión lingüística dos Peares, o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin. Estas estadías -que se desenvolverán en sete quendas dunha semana de duración entre o 8 de outubro ata o 25 de novembro- están dirixidas ao alumnado de 6º de primaria e dos catro cursos da ESO e teñen como obxectivo a mellora das competencias lingüísticas en inglés dos estudantes. A estas 825 prazas súmanse outras 300 para centros concertados, chegando así ata os 1125 alumnos beneficiados.

Tal e como se extrae da resolución de centros admitidos, publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta iniciativa beneficiarán a 19 centros da provincia da Coruña, 6 de Lugo, outros 6 de Ourense e 10 de Pontevedra. Como vén sendo habitual, estas actividades están totalmente subvencionadas polo departamento educativo da Xunta de Galicia, que achega para tal fin un orzamento de 544.500 euros.

Centros participantes
En concreto, os centros da provincia coruñesa son: o IES Plurilingüe Elviña da Coruña, o CPI Plurilingüe de Vedra, o IES Plurilingüe de Ames, o IES María Casares de Oleiros, o IES Plurilingüe A Cachada de Boiro, o IES As Insuas de Muros, o IES Plurilingüe Fontexería de Muros, o IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, o IES Fernando Wirtz Suárez, tamén da Coruña, o IES Castro da Uz das Pontes, o IES Agra do Orzán da Coruña e o CPI de Ponte Carreira de Frades no caso de secundaria. Nas estadías de primaria participarán o CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, o CEIP Ría do Burgo de Culleredo, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas, o CEIP Plurilingüe da Rabadeira de Oleiros, o CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane da Coruña, o CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto de Boqueixón e o CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz de Touro.

Na provincia lucense, en ESO participará o IES Pedregal de Irimia, mentres que en primaria farano o CEIP de Monforte de Lemos, o CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, o CEIP Plurilingüe da Pontenova, o CEIP Plurilingüe Virxe da Luz de Portomarín e o CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito.

Pola súa banda, na provincia de Ourense beneficiarase o IES Cosme López Rodríguez da Rúa e, na parte de primaria, o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo, o CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, o CEIP Virxe do Camiño de Rubía, o CEIP de Manzaneda e o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.

Por último, en Pontevedra participarán nas estadías de inmersión lingüística os seguintes centros: o CPI de Cova Terreña de Baiona, o IES República Oriental do Uruguai de Vigo, o IES de Valga, o IES Alexandre Bóveda de Vigo, o IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín e o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda no caso de ESO. En primaria, asistirán o CEIP de Leirado de Salvaterra de Miño, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía, o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e o CEIP Plurilingüe Nantes de Sanxenxo.

Mellora da comprensión e expresión oral en inglés
As estadías desenvolveranse en quendas semanais, de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá, e serán supervisadas por monitores. O seu custe, sufragado pola Consellería, inclúe os gastos de docencia e o material escolar, as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, un certificado de realización da actividade e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones