Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui arranca o curso 23-24 co seu proxecto -Diver-xente- ODS Axenda 2030

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui leva un par de cursos apostando polo desenvolvemento sostible para dar resposta a Axenda 2030 e os ODS

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui leva un par de cursos apostando polo desenvolvemento sostible para dar resposta a Axenda 2030 e os ODS

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Octubre de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui leva un par de cursos apostando polo desenvolvemento sostible para dar resposta a Axenda 2030 e os ODS, co proxecto “Naturaliza-T” e dando continuidade ao compromiso adquirido co Proxecto  Erasmus+ “Promovendo un estilo de vida sa saudable e feliz”  onde abordou tres grandes bloques de contidos, que nos gustaría que asenten as  bases fundamentes dunha vida plena para o noso alumnado:

  • Vida sá: Alimentación sa e saudable.
  • Vida saudable: unha vida activa e deportiva.
  • Vida Feliz: unha mente sa e feliz coa xestión adecuada das emocións para unha boa saúde mental.

 

Este curso 23-24 mergullámonos, aínda máis, na necesidade de coñecer e afondar en cada un deses “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” co proxecto “Diver-Xente”, con varias liñas de actuación que se están promovendo dende o centro coa axuda de toda a comunidade educativa e outros centros do entorno.    

O noso proxecto ten varias liñas de actuación como se pode comprobar no cadro anterior: Naturaliza-T, Emociona-T, Activa-T, Inclúe-T, Dixitaliza-T e Comunica-T todas elas traballando para coñecer e desenvolver a Axenda 2030. Entre os eventos a destacar neste comezo de curso están:

  • Benvida ao curso 23-24 no Nº2 : Onde o alumnado confeccionou a súa cápsula do tempo para gardar os pensamentos, ideas e ilusión do comezo de proxecto para rescatar ao final de curso. Que sucederá?
  • Presentación do Proxecto “ Diver-xente” ODS axenda 2030: Cada curso atópase na preparación dun vídeo no que explicará ao resto do alumnado un Esta producción proxectarase a todo o alumnado onde todas e todos descubrirán os 17 ODS explicados polos seus compañeir@s.
  • Xornada de Xogos Populares, Inauguración da Milla escolar, Baixada de Carrilanas:

O martes, día 10 de outubro ás 10:00h, tivo lugar unha xornada de Xogos Populares para ao alumnado de Educación Infantil, dentro da proposta Activa-T, dando resposta aos ODS 3,4,5,10.  Ás 12:30h levouse adiante a inauguración da nosa “milla escolar” coa que percorreremos distancias todo o curso para cumprir cada un dos ODS. O mércores 11 de outubro tivo lugar ás 10:00h a Xornada de Xogos Populares para o alumnado de Educación Primaria e ás 12:00h, a nosa tradicional baixada de Carrilanas (Carros de bolas elaborados en familia con materiais de reciclaxe) e ás 12:30h terá lugar o magosto, aberto a toda comunidade educativa do noso centro.

Iremos dando conta das vindeiras actividades que se levarán a cabo ao longo do mes de outubro, coas que nos agardan grandes sorpresas: Inauguración da biblioteca, Samaín, formación para mestres, familias e alumnado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí