Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui da pasiños no camiño da Axenda 2030, dando continuidade ao proxecto de centro -Diver-xente-

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui segue a dar pasiños no camiño da Axenda 2030

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui segue a dar pasiños no camiño da Axenda 2030

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2023

Fuente: CEIP Nº2 Tui

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui  segue a dar pasiños no camiño da Axenda 2030,  dando continuidade ao proxecto de centro “Diver-xente”. Aquí vos damos conta das actividades realizadas durante o mes de outubro e das previstas para o mes de novembro:

 

  • Apertura da Biblioteca. Co gallo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares o pasado 24 de outubro, levamos a cabo desde a nosa Biblioteca unha serie de actividades e dinamizacións relacionadas, non só co funcionamento e organización da mesma, senón tamén co proxecto que este curso se está a desenvolver a nivel centro. Comezamos esta celebración coa apertura da Biblio, presentando a todo o alumnado a nosa nova mascota “BIT”, un dato moi, pero que moi animado, a través dun vídeo explicativo elaborado polo equipo de profesores encargado, este curso, de dirixir as actividades da Biblioteca. Unha vez rematada a presentación, continuamos celebrando este día con xogos e actividades diversas: realización de debuxos da nova mascota, busca de libros dentro do propio espazo da Biblioteca, busca de QR por todo o centro con itinerarios marcados, planos perfectamente sinalados e indicacións gráficas, e recollida de elementos numéricos para cambiar na Biblioteca por pezas para, entre toda a clase e como remate das actividades, crear a imaxe de BIT en formato quebracabezas. Unha celebración que se alongou varios días e que, non só estivo cheíña de sorpresas e emoción, senón tamén de formación, aventura e diversión.

 

 

  • Chega o Samaín ao Nº2 de Tui! Este ano celebrouse un Samaín cheo de maxia. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizouse unha actividade co obxectivo de que toda a comunidade educativa coñecera diferentes personaxes típicos da Galicia máxica e as lendas e mitos relacionados con eles.

Para lograr este obxectivo, durante o mes de outubro, cada clase dedicou un pouquiño de cada xornada a ler e investigar sobre os diferentes personaxes propostos: as meigas, os trasnos, o gatipedro, as mouras e os mouros, as maruxainas, os biosbardos e a coca. Grazas a todo o aprendido, cada alumno e alumna deu renda solta a súa imaxinación e creatividade para plasmar nun debuxo a súa propia interpretación destas personaxes.

Finalmente, tras coñecer todos estes seres máxicos chegou o momento de levar a cabo a segunda parte da actividade, que consistiu nun concurso de portas terroríficas: Cada clase tivo que escoller aquel personaxe que máis lles gustara e crear un deseño para decorar a porta da aula inspirado nese.

O día de Samaín, 31 de outubro, o ANPA sorprendeunos coa decoración de todo o centro, tanto a entrada, como toda a baixada e o interior do centro, estaba ambientado con temática de Samaín.

Durante a xornada, cada clase tivo a oportunidade de facer unha ruta por todas as portas, para poder apreciar as creacións de todo o cole, e de paso, recordar os diferentes personaxes. Algunhas portas invitábanche a entrar a coñecer a lenda que escondían, outras foron tan terroríficas que asustaban a todas aquelas persoas que pasaban polo seu lado. Pero todas elas estiveron cheas de creatividade e aprendizaxe.

Ademais, este día non podía faltar a tradicional cuchipanda, unha merendola que neste caso tivo temática monstruosa.

Non debemos esquecer que este curso levamos a cabo o proxecto Diver-xente, que pretende dar continuidade ao proxecto do curso pasado, para seguir aprendendo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Neste caso, procuramos que as merendas da cuchipanda foran saudables e xerasen a menor cantidade de residuos posible, para contribuír co ODS 3: saúde e benestar, co ODS 12: Producción e consumo responsable e o ODS 13: acción polo clima.

Con todo, achegamos ao alumnado esta festividade tradicional de  Galicia, ampliando seus coñecementos sobre a cultura galega e todo isto integrado no proxecto do centro Diver-Xente

Durante o proceso destas actividades realizadas no mes de outubro desde os diferentes equipos contribuímos a consecución do ODS 4: educación de calidade, e de maneira transversal, no día a día do cole traballamos no ODS 5: igualdade de xénero.

  • Xornada de Formación para as familias e profesorado: “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”. Terá lugar o vindeiro 14 de novembro de 2023, de 16:30-18:30h no salón de actos do centro, coa pedagoga e sexóloga Erea Devesa.  Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de tod@s os centros educativos e contorna. O CEIP Nº2  aposta dentro do proxecto diverxente, para dar resposta aos ODS da axenda 2030, neste caso: ODS 5: Igualdade de xénero, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 3: Saúde e benestar. Agardamos a vosa presenza e participación nesta xornada educativo-formativa por unha a comunidade educativa unida.

 

Iremos dando conta das vindeiras actividades que se levarán a cabo ao longo do mes de novembro e decembro, coas que nos agardan grandes sorpresas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí