Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui é un colexio Eramus+

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo.

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Marzo de 2021

Fuente: CEIP Plurilingüe Nº 2 Tui

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui participa dende o curso 2018 no Programa Europeo Eramus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”.


Durante os dous cursos pasados e a ampliación excepcional, concedida durante este curso 20-21, derivada da situación epidemiolóxica Covid-19, o noso centro levou a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar que lle deu a oportunidade de internacionalizarse, cooperar, desenvolver accións de innovación educativa e realizar intercambio de boas prácticas cos outros cinco colexios europeos que colaboraron no mesmo proxecto.


Os colexios cos que seguimos a traballar e colaborar son :


• Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto.
• Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
• CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
• Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)
• Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).
• CEIP Nº2 de Tui.

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que nos está a permitir impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servicio Español para a internacionalización da Educación) está a ser a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+ do noso centro.


Este curso de ampliación do proxecto moi excepcional e con peculiaridades especiais estamos afianzando todo aquilo que quedou pendente do curso pasado.


O Proxecto Erasmus+ “Promovendo un estilo de vida sa saudable e feliz” abordou tres grandes bloques de contidos, que nos gustaría que asenten as bases fundamentes dunha vida plena para o noso alumnado:


• Vida sá: Alimentación sa e saudable. (Curso 18/19)
• Vida saudable: unha vida activa e deportiva. (Curso 19/20)
• Vida Feliz: unha mente sa e feliz coa xestión adecuada das emocións para unha boa saúde mental. (Curso 20-21)

Durante o curso 18-19 o traballo centrouse na conciencia de unha vida activa e deportiva como base de saúde. A Milla diaria na escola, a actividade deportiva do centro e dos clubs do concello, a actividade deportiva con Agrudebam na competición escolar, as actividades no medio natural: Aloiada, Tui en Ruta, Ruta en Patinete, Camiño de Santiago, Ruta do Río Lagartón, Navegando polo Miño... e as actividades lúdicas en familia posibilitaron moi bos resultados a este nivel.


No curso 19-20 o eixe do curso foi a alimentación sa e saudable, co funcionamento do Restaurante de Lúa, a horta escolar, a conciencia da reutilización e reciclaxe de residuos, os programas Voz Natura e Aliméntate ben, a difusión na biblioteca escolar e traballos de todos os equipos docentes, xunto a labor incansable das familias durante o confinamento foi excepcional.


Neste curso 20-21 estamos a centrar o esforzo no “Mindfulness” onde a nosa comunidade educativa, poida gozar dunha vida plena e feliz, tomando conciencia da importancia da boa xestión emocional. Estase a levar a cabo formación para o profesorado neste senso e facilitando ao alumnado e ás familias recursos para acadalo.


Evento conxuntos de formación para o alumnado en Torrevieja ( Alicante ). Este evento terá lugar os vindeiros mércores 14, xoves 15 e venres 16 de abril de 2021. Esta viaxe estaba prevista para o curso pasado onde o alumnado de 6º de Ed. Primaria da nosa escola, tiña previsto viaxar a Torrevieja para participar neste evento conxunto de formación de alumnado xunto ao alumnado do Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia) e o alumnado do CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España). Nos vindeiros días e de xeito virtual o noso alumnado compartirá actividades conxuntas de formación relacionadas coa alimentación sa e saudable, a actividade deportiva e vida activa e o Mindfulness e a Atención plena para unha vida feliz.


Evento conxunto de formación para o alumnado en Tui. Terá lugar no mes de xuño de 2021 e o alumnado que viaxará virtualmente ata a nosa cidade será o do CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España) e o do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). Esta será a derradeira actividade do proxecto que rematará este curso.

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas e colaboradoras.


Así mesmo, agradecemos a colaboración de todos os medios de comunicación que nos van permitir facer eco da relevancia que ten o fomento da conciencia dunha vida sa, saudable e feliz na nosa comunidade educativa, na nosa cidade e no noso entorno e moito máis agora, coa situación de pandemia que estamos a vivir.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones