Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui recibe o Intercambio de alumnado Erasmus+

Este curso esperábamos poder recibir a todo o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.

Este curso esperábamos poder recibir a todo o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Junio de 2021

Fuente: CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui

Dentro do Programa Europeo Eramus+ que o O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de Educación Primaria participará dende o mércores 16 ata ao venres 18 de xuño de 2021,  nun “Intercambio virtual de alumnado a corto prazo” polo que visitaran o noso centro o alumnado do CEIP As Culturas de Torrevieja (Alacante) e o alumnado do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz de Portugal.

Este Intercambio de alumnado, estaba previsto para o curso pasado, onde o alumnado do CEIP Nº2 de Tui tiña previsto recibir ao alumnado das escolas anteriores para compartir unha semana de experiencias aquí en Tui. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia tivo que ser cancelado.Este curso esperábamos poder recibir a todo  o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe  e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.

Este será a derradeira dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.Estas mobilidades teñen como obxectivo involucrar ao alumnado no proxecto, investigando e levando a cabo traballo de acondicionamento físico, talleres de alimentación saudable e clases de meditación, atención plena e Mindfulness.

Durante a actividade o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aprenderán sobre a importancia de convivir cos seus compañeir@s das escolas de Alacante (en España) Figueira da Foz (en Portugal), explorarán aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando a cultura dos outros á vez que son embaixadores do seu propio país.Estes días, o alumnado de Tui, terá a oportunidade de integrar nas clases da  nosa escola, ao alumnado visitante, para compartir cultura, historia deportiva e dietética da nosa rexión e participaran en actividades físicas, para gozar cos seus compañeir@s. Isto incluirá contacto coa lingua materna (Galego, Español e portugués), mellora no idioma do proxecto (inglés), historia, cultura, artes e educación física. 

A participación nestas actividades aportará resultados moi positivos, podendo o alumnado comparar e contrastar as súas tradicións en actividades físicas e alimentación saudable, coas tradicións de Portugal e Alacante, escolas da Península Ibérica . Isto desenvolverá unha maior conciencia da diversidade cultural podendo incorporalos a aspectos das súas vidas cotiás.Outro obxectivo fundamental deste Intercambio é desenvolver habilidades para a vida, coma a tolerancia, o respecto, a independencia, a autonomía e o traballo en equipo.  

Este será o derradeiro viaxe de Intercambio do alumnado do noso centro.Durante o curso 2018 tivo lugar a primeira viaxe de Intercambio do alumnado do CEIP Nº2 ao Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira, que durante unha semana estivo en Figueira gozando de todo o que esta oportunidade lles ofreceu.Tamén está pendente de levar a cabo a última viaxe de formación para profesorado, que está prevista para o mes de maio. Previsiblemente será tamén de xeito virtual e será o punto de avaliación do traballo en equipo, das 5 escolas participantes no proxecto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí