Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Rebordáns (Tui) participou na primeira edición do proxecto de Aulas I+I

O obxectivo deste proxecto é reflexionar sobre as posibilidades do alumnado que presenta algunha discapacidade e conseguir un cambio metodolóxico nas aulas que dea cabida a todos os escolares, entre outros

O obxectivo deste proxecto é reflexionar sobre as posibilidades do alumnado que presenta algunha discapacidade e conseguir un cambio metodolóxico nas aulas que dea cabida a todos os escolares, entre outros

Fecha: 12 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu este sábado á inauguración da xornada sobre Aulas I+I (inclusivas e igualitarias), un encontro no que se expoñen as conclusións deste proxecto que busca traballar a inclusión dos nenos e nenas con discapacidade e que foi desenvolta por primeira vez ao longo do curso 2016-2017. Estas aulas enmárcanse no Plan proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os obxectivos das Aulas I+I pasan por reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado que presenta algún tipo de discapacidade, potenciar que sexan parte activa na toma de decisións, e conseguir un cambio metodolóxico nas aulas que dea cabida a todos os escolares, así como formar ao profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con discapacidade.

Neste curso, a iniciativa contou con cinco centros participantes que puxeron en marcha diferentes medidas tanto para previr e evitar situacións de exclusión, como para promover a igualdade e a inclusión. Estes foron o CEIP As Mercedes (Lugo), IES Anxel Fole (Lugo), CEIP Anxo da Garda (A Coruña), CEIP Rebordáns (Tui) e CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira). Representantes de todos estes centros acudiron hoxe á xornada na que puxeron en común as súas experiencias e proxectos no ámbito da inclusión do alumnado con discapacidade nas súas respectivas aulas.

Durante a súa intervención, Rey Varela amosou a súa satisfacción por "traballar conxuntamente cos que están día a día nas aulas, pois a través deles coñecemos as necesidades de menores que, como non pode ser doutro xeito, son unha das nosas prioridades", explicou. Deste xeito, o conselleiro explicou que "queremos converter esta colaboración co sistema educativo nunha constante, por elo, debemos sumar esforzos para que a coordinación interprofesional e interinstitucional sexa a base do noso traballo".

Ademais de compartir experiencias entre os centros, a xornada contou coa proxección da curtametraxe Vida e o documental Máis ca vida -ambos dirixidos por Rubén Riós-, que amosa as vidas de dúas familias unidas polo destino a través de senllos membros das mesmas con discapacidade intelectual.

O conselleiro rematou a súa intervención agradecendo a colaboración dos profesionais que traballan nos centros docentes, da Asociación de profesionais da educación (Tadega), da produtora Claqueta Coqueta e dos protagonistas das pezas audiovisuais proxectadas, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro.

A Xunta de Galicia dará continuidade ás Aulas I+I e procurará que na vindeira edición se poidan incorporar novos centros que estean interesados en traballar pola igualdade e a inclusión dos nenos e nenas con discapacidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones