Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O centro urbano de Tui transformarase cunha mobilidade amable para as persoas, mellorando a accesibilidade e a estética

Antes de finais de ano está previsto o inicio das obras nas rúas Augusto González Besada e Lugo cun investimento de 700 mil euros

Antes de finais de ano está previsto o inicio das obras nas rúas Augusto González Besada e Lugo cun investimento de 700 mil euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Antes de finais de ano está previsto o inicio das obras nas rúas Augusto González Besada e Lugo dentro do proceso de transformación do centro urbano tudense cara unha mobilidade amable coas persoas, mellorando a accesibilidade e a estética.  Estás actuacións están tamén en liña cos obxectivos fixados no Plan de Acción da Axenda Urbana e coa Axenda 2030.

A intervención na rúa Augusto González Besada será a primeira fase dun proxecto global que abrangue tamén ao Paseo da Corredoira, ao abeiro do Plan Ágora, para recuperar esta zona coma punto de encontro e convivencia.  O orzamento de licitación ascende a 467.834,45 € financiados con cargo ao remanente de tesourería. Arestora está en fase de licitación.

A rúa manterá o sentido único de circulación e estableceranse estacionamentos a ambos lados, intercalando as prazas de aparcamento con exemplares de árbores ornamentais co que se converterá nunha avenida arborada, pavimentada en lousas de gratino, dando acceso ao Conxunto Histórico. Amais mellorarase a mobilidade peonil, con grandes beirarrúas, novo mobiliario urbano, e soterramento de cruces de servizos en aéreo deixando espazos de reserva para futuros servicios de telecomunicacións, electricidade e alumeado.

Con esta actuación perséguese potenciar as viaxe a pé en detrimento dos realizados en vehículos co que se reduce o consumo de enerxía e as emisións de dióxido de carbono.

Por outra parte a rúa Lugo será a primeira das coñecidas comas “rúas novas” en transformarse. A actuación prevista conta cun orzamento de licitación de 233.258,74 €  con cargo ao Plan Concellos e un prazo de execución de dous meses. Intervirase o tramo comprendido entre a rúa Ourense e a praza de Galicia que pasará a ser de sentido único. Con este cambio búscase facilitar a mobilidade ao diminuír a acumulación de vehículos no cruzamento coa rúa Ourense e facilitando o fluxo de tráfico na praza de Galicia.

Promocionarase a mobilidade peonil con beirarrúas máis anchas, zonas esparcemento, novo mobiliario urbano e zonas verdes. As prazas de aparcamento pasarán a ser en liña.  Destaca a aposta pola accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas e executando unha zona de beirarrúas-aparcamento-calzada con mínimas diferencias de cota.  A rúa Lugo, tras as obras, pasará a ser unha rúa Residencial co que terá prioridade peonil, se establecerá unha única zona de carga e descarga. 

O proxecto a executar tamén busca revitalizar a zona a nivel comercial facilitando o tránsito peonil e aumentando as relacións cos comercios existentes na zona.

Coa intervención nestas dúas primeiras rúas comeza a transformación do centro urbano cara unha cidade amable, accesible, e máis respectuosa co medio ambiente.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta que “o obxectivo das dúas obras é seguir avanzando no proceso de humanizar o ámbito central da cidade, sempre coa filosofía de recuperar espazo para as persoas e limitar na medida do posible e dar unha imaxe máis moderna e actual do noso centro urbano”.  De aí sinalaba que “priorizamos estas actuacións que  esperamos iniciar antes de finais de ano” “será o inicio  desta actuación no ámbito central máis urbano unido ás obras de humanización que se están executando xa na rúa Colón”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones