Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Club Deportivo Miño Teixugos gañador do Campionato Galego de Promoción de Slálom

Os Teixugos acudiron ao evento con oito deportistas, os máis pequenos do club, moitos dos cales participaron en kaiak e canoa

Os Teixugos acudiron ao evento con oito deportistas, os máis pequenos do club, moitos dos cales participaron en kaiak e canoa

Fecha: 14 de Agosto de 2018

Fuente: Rosa Fernández

Este domingo celebrouse en Dumbría o Campionato Galego de Promoción de Slálom. Esta e a sexta proba da Liga Galega de Slálom, e a máis importante, ao ser Campionato e non Copa, e na que o Club Deportivo Miño se proclamou gañador.

Os Teixugos acudiron ao evento con oito deportistas, os máis pequenos do club, moitos dos cales participaron en kaiak e canoa

O noso representante máis novo, Javier Lluch, acadou medalla de prata en K1 benxamín, na categoría alevín, o seu irmán Adrián Lluch, foi octavo tanto en K1 como en C1. A categoría con máis representantes foi a Infantil con seis piragüistas; en K1 masculino o podio foi enteiramente teixugo, Sergio Rodríguez foi ouro, Alexis Segadaes prata e Samuel Castro bronce, na mesma categoría Mateo Álvarez foi sétimo. Mentres que na modalidade de canoa ou C1 resultou gañador Samuel Castro e o seu compañeiro Sergio foi terceiro. En infantil feminino non poido ser mellor o balance, Ainhoa Barreiro fíxose coa medalla de ouro en K1 e bronce en C1, a súa compañeira Alba Soutelo acadou o ouro en C1 e a prata en K1.

O Club Deportivo Miño-Teixugos volveu do Campionato Galego con catro medallas de ouro, tres de prata e tres de bronce. Na clasificación final por clubs, resultaron gañadores por diante do Piragüismo Penedo de Caldelas e do Montaña Quixós de Monforte de Lemos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones