Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Club Trega de atletismo adestra a preto de 50 deportistas no concello de Tomiño

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, presentou en sociedade ao equipo, que aglutina a atletas de entre 8 e 60 anos

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, presentou en sociedade ao equipo, que aglutina a atletas de entre 8 e 60 anos

Fecha: 29 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Levan dous anos adestrando en Tomiño, así que o seu traslado ao concello era o paso natural. O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, presentou en sociedade ao Club de Atletismo Trega, que dende novembro ten a súa sede no concello tomiñés.

O equipo adestra nestes intres a preto de 50 atletas, 40 deles ligados á Federación Galega de Atletismo e outros dez nenos e nenas que participan no programa Xogade, unha campaña de actividade lúdico deportiva promovida pola Xunta de Galicia co que se busca promover o deporte educativo e saudable e brindarlle aos escolares a oportunidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade. Entre os membros xa federados do equipo atópanse atletas de entre 8 e 60 anos, aínda que o 75% son rapaces e rapazas e o resto son veteranos.

O club realiza as súas sesións de adestramento tanto no CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño, como nas pistas de atletismo do campo de fútbol de A Carballa. O uso destas instalacións "garante que os rapaces e rapazas poden practicar este deporte sen perigo e a cuberto cando as condicións meteorolóxicas o precisan", explicou a presidenta do club, Ariana González.

Os obxectivos do club son fomentar o atletismo entre os nenos e nenas, "que se animen a coñecelo e que se divirtan de xeito lúdico, que descubran que o atletismo é moito máis que correr e que lle collan o gusto" para seguir practicándoo a longo prazo.

Pola súa banda, o responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Torrón, quixo tamén felicitar publicamente aos compoñentes do Club Trega polo gran papel desempeñado nos últimos campionatos disputados as pasadas fins de semana, como a carreira de campo a través de Soutelo, no que o equipo acadou 14 medallas (4 ouros, 3 pratas e 3 bronces en categorías individuais e 4 ouros por equipos), e no Campionato Galego de Marcha, do que volveron con dous ouros e unha prata.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones