Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O colexio de Solanas non autoriza a colocación do valado de hockey no seu pavillón

Comunicouse á directiva do club A Guarda Hockey Liña, que utiliza o pavillón de Solanas para os seus adestramentos, a decisión dos responsables do centro

Comunicouse á directiva do club A Guarda Hockey Liña, que utiliza o pavillón de Solanas para os seus adestramentos, a decisión dos responsables do centro

Fecha: 13 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O goberno municipal da Guarda presentou o proxecto de colocación dunha valado de hockey no pavillón do colexio de as Solanas con cargo ao plan concellos da Deputación 2016. Tratábase dunha actuación moi demandada polo colectivo que habitualmente utiliza o pavillón para realizar adestramentos. Desta maneira os equipos de hockey guardeses poderían xogar, con certas limitación debido ao tamaño da pista, partidos oficiais. O orzamento desta instalacións ascende a 20.800 €.

Despois de meses de xestións diante da directiva do centro e da unidade técnica da Xefatura Provincial de Educación o concello obtivo a autorización por parte da Xefatura Provincial.

No que respecta ao centro, despois de satisfacer por parte do concello e da empresa subministradora os requirimentos de información e documentación solicitados. A directora comunica ao concello que o claustro de profesores e o consello escolar non autorizan a colocación do valado de hockey. Os motivos que alegan son: a perigosidade que representa para o alumnado do centro e que a colocación do valado non permitiría as medidas oficiais para a práctica doutros deportes no pavillón.

O concello lamenta que, despois de meses de traballo, de conseguir o financiamento para o valado, de ter a autorización da Xefatura Provincial de Educación e da demanda dos deportistas e das súas familias, esta actuación non conte cos parabéns da comunidade educativa.

Nos días pasados comunicouse á directiva do club A Guarda Hockey Liña, que utiliza o pavillón de Solanas para os seus adestramentos, a decisión dos responsables do centro. Por parte dos deportistas acordaron buscar outras posibilidades para a instalación dun valado. De non atopar outro pavillón no que se autorice a súa colocación o concello deberá destinar os cartos para outro fin.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones