Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O COLEXIO RURAL AGRUPADO DE TUI MESTRA CLARA TORRES EDITA, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, UN CALENDARIO ESCOLAR

Será distribuído entre os 116 alumnos do CRA e tamén entre os máis de 300 das escolas do Agrupamento Murallas do Minho de Valença

A directora do CRA Teresa Domínguez explicaba que o calendario fai unha serie de suxestións diarias de aprendizaxes para a vida dende tarefas domésticas, a xogos, libros de lectura ou actividades.

Fecha: 05 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres vén de editar por terceiro ano consecutivo, coa colaboración do Concello de Tui, da Deputación de Pontevedra e da Eurocidade Tui-Valença, un calendario escolar con propostas de aprendizaxes competenciais ao longo de todo o ano. Unha das novidades con respecto a edicións anteriores é a inclusión de propostas por parte dos departamentos de inglés e música. A presentación tivo lugar hoxe na aula do CRA no Souto, en Guillarei, coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, a vereadora de Educaçao de Valença, Elisabete Domingues, e a directora do CRA, Teresa Domínguez.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, felicitou ao CRA polo traballo realizado para a edición deste calendario salientaba a importancia das actividades propostas aos escolares e as súas familias, e agradecendo o labor realizado polo profesorado.

Este calendario forma parte das iniciativas conxuntas nas que traballa a Eurocidade no ámbito da educación. Nese senso a a vereadora de Educaçao de Valença, Elisabete Domingues destacaba que isto o inicio dun traballo no que participan tamén as profesoras do Agrupamento Murallas do Minho de Valença, e que programará máis actividades ao longo deste curso.

A directora do CRA Teresa Domínguez explicaba que o calendario fai unha serie de suxestións diarias de aprendizaxes para a vida dende tarefas domésticas, a xogos, libros de lectura ou actividades.

O calendario, que foi impreso pola Deputación de Pontevedra na imprenta provincial, será distribuído entre os 116 alumnos do CRA e tamén entre os máis de 300 das escolas do Agrupamento Murallas do Minho de Valença, con quen este ano dende o Colexio Rural comezaron a facer un proxecto de intercambio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones