Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Colexio San José da Guarda, galardoado co 2º Premio Nacional de Endesa Educa

O proxecto -Salvar o mundo-, realizado por estudantes de 3º e 4º de Primaria, foi recoñecido entre máis de mil colexios de España polo seu compromiso coa educación enerxética e a sustentabilidade.

O proxecto -Salvar o mundo-, realizado por estudantes de 3º e 4º de Primaria, foi recoñecido entre máis de mil colexios de España polo seu compromiso coa educación enerxética e a sustentabilidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Colexio San José da Guarda foi recoñecido esta mañá co 2º Premio Nacional do programa Endesa Educa, grazas ao seu innovador proxecto “Salvar o mundo”, desenvolvido polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

O galardón recoñece o traballo de investigación e divulgación levado a cabo durante o curso, centrado no concepto de enerxía, os seus tipos, transformacións e usos sostibles. A iniciativa contou coa implicación activa do profesorado e co apoio da comunidade educativa.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, destacou o mérito do centro, subliñando “o orgullo de contar cun ensino que aposta por valores como a sustentabilidade e a educación científica desde idades temperás”, e agradeceu tamén o labor do profesorado por “guiar e motivar ao alumnado cara a un futuro con conciencia ecolóxica”.

O proxecto tivo unha fase expositiva pública entre o 22 e o 25 de abril na Casa do Concello, onde os alumnos presentaron os seus traballos mediante prototipos, explicacións interactivas e materiais divulgativos. A mostra foi visitada por outros colexios, membros da corporación municipal e veciñanza en xeral, sorprendidos pola calidade das propostas.

Esta mañá, os rapaces e rapazas recibiron diplomas acreditativos por parte dos divulgadores científicos da Fundación Endesa, tanto a nivel individual como colectivo. O profesorado tamén foi recoñecido polo seu papel na coordinación e desenvolvemento do proxecto. As familias tamén estiveron presentes nun acto cheo de emoción e orgullo.

Para culminar a celebración, o alumnado participou en obradoiros científicos organizados pola Fundación Endesa, nos que continuaron aprendendo sobre enerxía e innovación de forma lúdica.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí