Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA A PRIMEIRA VISITA GUIADA AO MONTE TETÓN

O arqueólogo Xose Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos foi o encargado da realización da actividade.

O arqueólogo Xose Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos foi o encargado da realización da actividade.

Fecha: 20 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O pasado venres día 17 de xullo levose a cabo a primeira visita guiada ao Monte Tetón. A actividade correu a cargo do arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) Xose Lois Vilar.

O Concello de Tomiño como ven sendo habitual ao chegar o periodo estival, organizou a primeira visita guiada aos petrogrifos do Monte Tetón en colaboración co IEM.

O aforo esgotouse nunha semana e a vindeira visita fixada para o día 7 de agosto está a piques de completarse.

A visita realizada este venres centrouse no Val de Tebra dende onde Xose Lois Vilar explicou o uso do espazo ao longo dos séculos. A continuación, desprazáronse aos petrogrifos de Real Seco e logo ao de Portaxes, onde a historia do periodo prehistórico foi ampliando póndose en valor as pegadas que del conservamos.

Máis de medio centenar, puideron disfrutar das explicacións do guía experto en excavacións arqueóloxicas e que ten publicado valiosos traballos científicos sobre as comunidades prehistóricas e os xacementos arqueóloxicos.

A afluencia ao ecoparque do Monte Tetón nos últimos anos ten sido numerosa e ten obrigado ao Concello de Tomiño a acotar os grupos de visitantes nas xeiras nocturnas co fin de protexer a conservación dos petrogrifos.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca a labor "desinteresada e a adicación do equipo do IEM que invisten tempo e esforzo en por en valor a cultura do noso país. A súa contribución a divulgación do patrominio histórico de Tomiño ten sido fundamental. Así o patentizan as comunicacións sobre os petrogrifos do Tetón en congresos internacionais e no feito de que o ecoparque sexa un dos enclaves máis visitados polos turistas extranxeiros".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones