Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA UNHA RECEPCIÓN AOS PIRAGUISTAS TOMIÑESES TRIUNFADORES NO CAMPIONATO DO MUNDO

Roi Rodríguez campión do Mundo en dúas categorías e Alfonso Domínguez con Medalla de Bronce foron os homenaxeados polo Concello de Tomiño

Roi Rodríguez campión do Mundo en dúas categorías e Alfonso Domínguez con Medalla de Bronce foron os homenaxeados polo Concello de Tomiño

Fecha: 03 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño organizou esta mañán unha recepción aos piraguistas tomiñeses que regresaron esta semana de Montemor O Velho (Portugal) con tres importantes triunfos. Roi Rodríguez Huertas conseguiu o título de campión do Mundo en dúas categorías: K1 1000 metros categoría sub-23 e K4 1000 metros categoría sub-23. Alfonso Domínguez Rodríguez acadou Medalla de Bronce no C4 500 metros categoría junior, tamén no campionato do mundo.

O Concello de Tomiño quixo homenaxear a estos dous piraguistas agasallandolles ademáis con material deportivo.

No evento desta mañán, o equipo de goberno quixo tamén obsequiar con material deportivo a Rubén Millán, campeón do Mundo en en K-4 1.000 metros sub-23 no ano 2014, e que en quince días participará no campeonato clasificatorio preolimpico.

Os tres deportistas forman parte do clube Kayak Tudense e aos seus 20 anos levan colleitado triunfos tras triunfos por todo Europa.

Ismael Troncoso, concelleiro de deportes, resaltou o "esforzo de Roi, Alfonso e Rubén que adican horas e enerxía a cada día ser os mellores deportistas. O seu traballo está hoxe máis presente que nunca".

A Alcaldesa de Tomiño dixo "queren transmitir o orgullo de todos os tomiñeses e tomiñesas por estos tres deportistas que levan o nome do noso Concello por todo o mundo e que día a día escriben páxinas de gloria para o deporte galego". Segundo González "os éxitos destos deportistas é o triunfo das súas familias que consagran tempo e asumen importantes investimentos para que os seus fillos poidan adicarse a súa vocación. Tamén o é club kayak tudense que leva anos preparando a mozos e mozas da comarca e formandoos día a día para que poidan ser os mellores no que máis lles gusta".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones