Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI ACOMETE OBRAS DE ADECUACIÓN E MANTEMENTO EN DIFERENTES PUNTOS NO CASCO URBANO E NO RURAL

As actuacións localízanse na Ponte Internacional, no aparcadoiro da Área Panorámica, na praia de Guillarei e no paseo fluvial

O Concello de Tui está a acometer diversas obras de adecuación e mantemento en varios puntos do casco urbano e no rural.

Fecha: 03 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui está a acometer diversas obras de adecuación e mantemento en varios puntos do casco urbano e no rural. Deste xeito, levouse a cabo a limpeza e o desbroce na zona próxima á Ponte Internacional, punto de entrada do Camiño de Santiago e na área da Ponte Romana. Tamén se acondicionou a estrada que dá acceso á praia fluvial de Guillarei.

Por outra banda, este venres comezarán dende ás 7h as obras de adecuación do aparcadoiro na parte traseira da Área Panorámica. Esta actuación, que se prolongará ó longo do día, realizarase con maquinaria da mancomunidade.

No referente ás obras de acondicionamento da tarima do paseo fluvial, levarase adiante unha inspección para coñecer a realidade do saneamento no Tramo 1, o máis próximo ó edificio do Club Náutico, que presentaba afundimentos, e que impedía contar cunha base o suficientemente firme para a colocación da tarima. A dita inspección farase introducindo cámaras a través das canalizacións. Finalmente, unha vez se teña a valoración definitiva, procederase a realizar as obras que permitan continuar co proxecto de arranxo do paseo fluvial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones