Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui acometerá o desentullo da zona cero de Paramos se así o aproba o pleno municipal o próximo día 27

O informe do arquitecto acreditando a perigosidade da situación permitirá acollerse á vía de emerxencia

O Concello de Tui acometerá o desentullo da zona cero de Paramos se así o aproba o pleno municipal o próximo día 27

Fecha: 15 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O pleno da corporación municipal pronunciarase o 27 deste mes sobre a adxudicación por vía de emerxencia do desentullo da zona cero de Paramos, logo de que un informe do arquitecto municipal encargado da catástrofe considere que si cabe esta vía.

En concreto o arquitecto indica no seu informe que o desentullo total da zona cero, o derrubo de tres segundas plantas de tres edificacións e a consolidación dos muros que dan a viarios públicos se poden acometer por vía de emerxencia por considerar que a situación na que se atopan supoñen un "grave perigo inminente".

Logo deste informe a semana que vén o Concello recibirá o proxecto coas modificacións necesarias para que teña cabida a vía de emerxencia. Tras isto serán solicitados 3 ou 4 orzamentos dos traballos a realizar.

Con esta documentación no pleno ordinario, do 27 deste mes, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanza que se proporá a declaración de emerxencia para adxudicar directamente as obras, habilitar o crédito preciso para realizar os traballos, e adxudicar as obras á unha das empresas que presenten orzamento. Tamén se proporá adoptar un acordo unánime da corporación solicitando ao goberno central o compromiso formal para financiar estes traballos. O alcalde considera que é preciso este compromiso xa que aínda que o Concello de Tui será quen adiante os cartos precisos para realizar estes traballos, ter que asumir esa contía, sen ter a seguridade de recuperar o investido, suporía hipotecar a realización doutros proxectos na cidade.

Coa aprobación estes acordos plenarios, o 27 deste mes, os labores de desentullo na zona cero de Paramos poderán comezar no mes de xaneiro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones