Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI AMOSA O SEU TOTAL COMPROMISO Á DEFENSA DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES

Faino nunha declaración institucional co gallo do Día Internacional da Muller

Faino nunha declaración institucional co gallo do Día Internacional da Muller

Fecha: 08 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de emitir unha declaración institucional na que amosa o seu "total compromiso e apoio nas súas políticas á defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres", facendo fincapé na "aplicación de estratexias sociais e prácticas institucionais que melloren a vida das mulleres, e dean visibilidade aos seus problemas". Faino co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra o martes, 8 de marzo.

A declaración institucional abonda en que 8 de marzo representa "un ideal de xustiza e igualdade sen o que non é posible pensar nunha sociedade moderna e xusta".
O Concello de Tui considera que a celebración do Día Internacional da Muller supón unha oportunidade para amosar o "compromiso irrenunciable na defensa dos dereitos da muller" ao tempo que manifesta a súa "implicación na resolución dos graves problemas que soportan aínda moitas mulleres" coma a violencia de xénero, unha loita na que o Concello de Tui leva moito tempo involucrado e comprometido. Amosa amais o Concello de Tui o seu compromiso en garantir a "igualdade entre homes e mulleres na totalidade dos espazos da política local" e na integración da muller en todos os aspectos da vida pública.

Alude tamén a declaración institucional ao programa de Nacións Unidas "Por un planeta 50-50 no 2030: deamos o paso para a igualdade de xénero" para acadar un mundo no que nenas e mulleres teñan as mesmas oportunidade e dereitos. O Concello de Tui lémbrase amais de todas as mulleres que "enarboraron con valentía a bandeira dos seus dereitos civís e políticos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones