Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui completa a implantación dunha rede wifi municipal dentro programa europeo WiFi4EU

Doutouse de conectividade gratuíta á praza do Concello, Porta da Pía, Bispo Castañón, Calvo Sotelo e Paseo da Corredoira.

Doutouse de conectividade gratuíta á praza do Concello, Porta da Pía, Bispo Castañón, Calvo Sotelo e Paseo da Corredoira.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

O concello de Tui ven de implantar unha rede WiFi municipal no marco do programa europeo WiFi4EU. Grazas a esta iniciativa contan con cobertura wifi gratuíta a praza do Concello, as rúas Porta da Pía, Bispo Castañón, Calvo Sotelo e o Paseo da Corredoira.

O programa WiFi4EU promove o acceso libre dos cidadáns á conectividade de banda ampla en espazos públicos coma parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde ou museos de municipios de toda Europa. A actuación realizada en Tui supuxo o despregue de 10 puntos de acceso WiFi exterior que a través da rede de nome “WiFi4EU”, permite ofrecer tanto a cidadáns e visitantes un servizo de acceso a Internet de calidade. Así calquera usuario ubicado na área de cobertura da rede “WiFi4EU” poderá acceder de xeito seguro e gratuíto as 24 horas do día á conexión. A primeira vez que a persoa se conecte á rede será redirixida a unha páxina segura de inicio de sesión (portal cativo).

O investimento realizado ascende a 15 mil euros que foron financiados pola Unión Europea.

Este novo servizo de wifi municipal gratuíta pretende complementar outros proxectos ligados á posta en valor do patrimonio cultural tudense, como son as  actuacións de sinalización mediante códigos QR ou roteiros autoguiados, facilitando o acceso a Internet en mobilidade e promovendo a visibilidade do concello animando aos usuarios para compartir a súa experiencia en redes sociais a través dos seus dispositivos móbiles.

Con esta iniciativa o concello de Tui súmase a unha ampla rede de municipios europeos que xa ofrecen este servizo, promovendo o uso de novas plataformas e servizos dixitais innovadores, facilitando a comunicación gratuíta tanto a residentes como visitantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí