Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI CONDENADO A ANULAR A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN PEÓN PARA O CEMITERIO MUNICIPAL E A PAGARLLE Ó OUTRO ASPIRANTE O SALARIO CORRESPONDENTE ÓS NOVE MESES DE CONTRATO

A condena derívase da reclamación presentada por un dos aspirantes a este posto, que no seu día foi desestimada polo anterior goberno do Concello de Tui

A condena derívase da reclamación presentada por un dos aspirantes a este posto, que no seu día foi desestimada polo anterior goberno do Concello de Tui

Fecha: 30 de Septiembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

A sentenza nº 3 do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra condena ó Concello de Tui a anular a contratación temporal dun peón para o cemiterio municipal e a pagarlle a outro aspirante o salario correspondente ós nove meses de duración do seu contrato.

Deste xeito, o Xulgado estimou o recurso para a anulación da resolución do Concello que invalida a contratación de S.G.R. e obriga a recoñecer a A.F.F como o aspirante coa mellor cualificación. Como xa transcorreu o prazo para o que estaba prevista a contratación, o Concello deberá abonarlle a A.F.F. o importe dos salarios que debería ter cobrado durante o tempo que debería ter sido contratado, ademais da condena a asumir as costas o Concello de Tui. O Concello de Tui estima que o importe do pago supera os dez mil euros.

Segundo recolle a sentenza, A.F.F. presentouse ás probas de selección para contratar a un peón para o cemiterio municipal, convocadas polo Concello de Tui en marzo de 2014, esas probas, segundo aparecían nas bases, constaban de dúas fases a primeira de concurso, para a que estaba prevista unha puntuación máxima de dous puntos, e a segunda de oposición cunha puntuación máxima de oito puntos. As bases establecían que a "cualificación final" sería a puntuación obtida polos aspirantes nos distintos exercicios das fases do concurso-oposición.

O aspirante ó que o Concello lle outorgou maior puntuación foi S.G.R. cun 6,69 puntos, que foi contratado con data de once de xuño e o demandante A.F.F. conseguiu 6,56 puntos.

Con data 24 de xuño, A.F.F. solicitou que se lle mostrara o expedientado proceso selectivo, xa que advertía un erro na corrección dunha das probas no exame da persoa contratada. Dito erro do tribunal cualificador daba por boas dúas respostas que non o eran, e que polo tanto, a nota final era mais baixa do que o tribunal lle outorgara.

Tras o exame do expediente, A.F.F. presentou unha reclamación diante do Concello, reclamación que foi desetimada pola secretaria do tribunal, xustificando a súa decisión nunha resolución nestes termos: "Debido á deficiente caligrafía o señor S.G.R., o tribunal entendeu a resposta como correcta". Malia ó recoñecemento do erro, o tribunal non variou a puntuación final.

A.F.F. solicitou, xa que logo, ó Xulgado do Contencioso número 3 de Pontevedra a anulación da resolución pola que se desestimou o seu recurso, que se lle recoñecese o seu dereito a ser contratado para a praza de peón do cemiterio, e o pago dos salarios que deixou de percibir ó non ser contratado e os danos e prexuízos derivados da actuación do Concello de Tui.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones