Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui continua a executar obras de mellora nas instalación deportivas municipais

Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.

Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.

Hai uns días remataron os traballos de arranxo da parte frontal do muro perimetral do Campo de Fútbol de Ribadelouro. Supuxeron un investimento de 11.838€ IVE incluído. Con esta actuación deuse solución ao problema de deterioro que presentaba o muro e que por seguridade, previa á execución das obras, estaba valado.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse hai uns días ao campo para comprobar o remate das obras.

Por outra parte os dous pavillóns municipais están tamén en obras. No Novo Pavillón está a realizar o pintado interior con fondos propios. Unha actuación que se suma á instalación dunha lona divisoria, renovación da cancha e revestimento de corredores de vestiarios executada con cargo ao Plan Concello. Tamén con cargo a este plan provincial estase a executar a reformar dos vestiarios e aseos no Pavillón Vello Municipal.

En breve está previsto que comecen as obras de mellora no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos, e con fondos propios pintarase o ximnasio do Centro Interfederado.

Amais antes de que finalice o ano será colocado un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol en Guillarei. Deste xeito serán sete as instalacións deportivas municipais que conten con este dispositivo, o novo pavillón municipal, o pavillón da Macoca, o Centro Interfederado e os campos de fútbol Álvarez Durán, de Ribadelouro e Caldelas, que dan  cobertura a un total de 10 instalacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones