Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui convoca un concurso para pintar as pontes de entrada á cidade con obras artísticas

Pódense enviar os bosquexos até o xoves 15 de setembro e os gañadores recibirán 300 euros de premio .

Pódense enviar os bosquexos até o xoves 15 de setembro e os gañadores recibirán 300 euros de premio .

Fecha: 12 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

BASES DISPONIBLES EN DESCARGA
As concellerías de Cultura, Deporte e Limpeza e Medio Ambiente presentan o "Concurso de pintura Mural" para pintar as tres pontes de entrada á cidade de Tui dende Gondomar, A Guarda e Vigo con obras artísticas e inéditas. Coa intención de achegar o rico patrimonio natural e arquitectónico a cidadáns e turistas, os deseños da nova imaxe que terán estas pontes deben facer referencia ao río Miño, ao Monte Aloia ou ao conxunto histórico tudense.

Esta iniciativa ten como obxectivo, segundo José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza, Medio Rural e Participación Cidadá, que "os turistas leven unha boa impresión da cidade dende o primeiro minuto que visitan Tui".

O concurso está aberto para calquera persoa que resida no territorio español, podendo presentarse individualmente ou en grupos, cun máximo cinco compoñentes. Cada participante deberá presentar un bosquexo xunto cunha fotocopia do DNI, autorización de pai, nai ou titor en caso de ser menor de idade e a ficha de inscrición que se adxunta nas bases da convocatoria. Toda a documentación debe ser enviada ao Concello de Tui ou presentarse no Rexistro de Entrada antes das 14:00 horas do xoves 15 de setembro de 2016.

O Concello de Tui anima a participar nesta iniciativa que se enmarca dentro do programa de coidado e mellora paisaxística da cidade. O estilo e a técnica é libre e os gañadores recibirán un premio de 300 euros. Ademais, o Concello farase cargo dos custes de pintura e materiais até un máximos de 300 euros e tamén porá a disposición dos artistas os medios necesarios para a execución das obras.

Esta iniciativa está promovida pola concellería de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, de Ensino e Cultura e de Medio Ambiente, Medio Rural, Limpeza e Participación Cidadá. As bases completas da convocatoria atópanse dispoñibles na web do concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones