Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TUI DECIDE PARALIZAR TEMPORALMENTE AS OBRAS DE ARRANXO DA TARIMA DO PASEO FLUVIAL

O Concello toma este acordo despois de comprobar que non se efectuaron as obras de consolidación do terreo no Tramo 1 do proxecto, medida necesaria para poder colocar a tarima

O Concello toma este acordo despois de comprobar que non se efectuaron as obras de consolidación do terreo no Tramo 1 do proxecto, medida necesaria para poder colocar a tarima

Fecha: 19 de Junio de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui, de acordo coa empresa adxudicataria das obras Construcións Castro, e xunto co informe do Arquitecto técnico municipal, decidiu paralizar temporalmente o arranxo da tarima do paseo fluvial, ata que non se acometan as obras de consolidación do terreo no Tramo 1 , o mais próximo ó edificio do Club Náutico.

A dita detención débese a que se produciron afundimentos no terreo que impiden contar cunha base o suficientemente firme para a colocación da tarima. Na Acta de Arraxo e Inicio de Obras xa se recollía esta deficiencia, e por outra banda tamén se indicaba que para poder solucionar este problema de afundimentos, sería necesario contar cun estudo realizado por unha empresa especializada, para detectar con exactitude as causas dos mesmos.

Cos resultados do informe realizado por técnicos poderíanse levar adiante as obras necesarias para a consolidación do terreo, e máis tarde rematar a colocación da tarima xa sobre un firme axeitado. Arestora, os tramos 2 e 3 do proxecto xa viron rematadas as súas obras.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que no menor prazo de tempo posible encargarase o estudo das causas do afundimento, para solucionar este problema e poder rematar o arranxo da tarima. O rexedor lamenta que a estas alturas as reparacións non estean xa efectuadas, o que lle impide a veciños e visitantes desfrutar por completo deste paseo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí