Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI E A AFAGA DESENVOLVERÁN UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA PERSOAS CON ALZHÉIMER E PARA AS SÚAS FAMILIAS

Os talleres impartiranse dúas tardes por semana durante tres horas no Centro de Atención a persoas con Alzhéimer, na Antiga Escola de Chans

Os talleres impartiranse dúas tardes por semana durante tres horas no Centro de Atención a persoas con Alzhéimer, na Antiga Escola de Chans

Fecha: 24 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui e a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Galicia, a AFAGA desenvolverán un programa de actividades para persoas con Alzhéimer e deterioro cognitivo, e tamén para as súas familias. Así o anunciaron este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, o presidente da AFAGA, Juan Carlos Rodríguez e a vicepresidenta da Asociación, Maribel Prado.

No Centro de atención a persoas con Alzhéimer, na Antiga Escola de Chans en Randufe, impartiranse talleres de estimulación cognitiva e funcional dúas tardes á semana, durante tres horas cada día. Nos mesmos, traballaranse terapias funcionais e motrices, cognitivas e socializadoras, dirixidas a atrasar a etapa severa da enfermidade. Ademais, para a familia impartirase un servizo de información e de orientación e asesoramento social.

O alcalde de Tui declarou que o concello aporta para este programa de actividades 17.000 euros ó ano, xa que entende que "é un servizo demandado, básico, necesario e de grande utilidade". Enrique Cabaleiro expuxo a idea de que o Centro de atención de Randufe se converta nun centro de referencia a nivel comarcal, e que tamén atenda a persoas de Valença.

Por outra banda, deu conta o rexedor tudense que unha das prioridades para Tui é a construción dun centro de día especializado en Alzhéimer, e xa lle trasladou a petición á secretaria xeral de Benestar, Julia Piñeiro.

O presidente da AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, explicou que o obxectivo destas actividades é incidir nas fases leves e moderadas do Alzhéimer e que se prolonguen máis anos. Ademais cos talleres poderase facer detencións máis rápidas do ciclo da enfermidade e estimular ós enfermos.

Arestora hai 10 persoas inscritas nestes talleres e moitas en lista de espera. A intención é poder ampliar este servizo. O ingreso nos talleres realizarase a través da concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Unha vez completada a solicitude, realizarase unha valoración cognitiva e funcional que determinará a súa aptitude para os talleres. Os que desexen obter máis información, poden chamar o teléfono do Concello de Tui 986 60 36 25- Extensión 5 ou da AFAGA 986 22 97 97.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones