Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI E A CÁMARA DE VALENÇA PRESENTARON O CALENDARIO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA EUROCIDADE PARA O ANO 2015

Dezanove probas deportivas organizadas pola Eurocidade para este 2015 compoñen o calendario, que contarán coa participación de máis de sete mil deportistas

Dezanove probas deportivas organizadas pola Eurocidade para este 2015 compoñen o calendario, que contarán coa participación de máis de sete mil deportistas

Fecha: 04 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui e a Cámara de Valença presentaron o calendario das citas deportivas organizadas conxuntamente no ámbito da Eurocidade para este ano 2015, nun acto onde estaban presentes os concelleiros de Deportes das dúas cidades, José Monte e Antonio Castro e no que estiveron acompañados polo tenente de alcalde do Concello de Tui, José Ángel Villaverde e o representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Un vídeo onde se recollían imaxes de todos os deportes que están presentes nesta programación abriu esta presentación para posteriormente dar paso aos concelleiros, que estaban presentes no acto e que tiveron palabras de lembranza e agradecemento para Eduardo Sousa, recentemente falecido, e colaborador habitual en probas deportivas da Eurocidade.

O calendario recolle un total de 19 probas, nas que podemos atopar modalidades deportivas do máis variado desde as andainas, que este ano serán un total de 17, ata a aviación deportiva, cun festival aéreo para o que están por concretar as datas pero que se celebrará moi probablemente no mes de agosto. A lista complétase con moitos outros deportes, nalgúns casos en probas xa consolidadas no calendario deportivo, e noutros que se realizan por primeira vez, o listado completo e o seguinte: IV Circuíto de 17 Andainas/Trilhos Saudables a celebrar entre os meses de febreiro a decembro, IV Eurocidade BTT no mes de Marzo, tamén en marzo I Torneo Eurocidade de Baloncesto, Xa no mes de maio disputarase a primeira edición da Big Ride Eurocidade e nese mesmo mes o II Rallie Eurocidade

En xuño celebrarase a IV Eurocidade 10 e o I Torneo de Judo, no mes de xullo o II Campionato Ibérico de Kung-Fu. Xa en plena temporada estival, agosto acollerá o IV Trofeo de Balonmán e a II Eurocidade Cup, torneo de fútbol que enfrontará o Valenciano e o Tyde FC, ademais do I Festival de Parapente en setembro chegarán a V Travesía a nado, o IV Torneo de Fútbol e o II Torneo Eurocidade de Hoquei a Patíns, volvera tamén neste mes o II Campionato de Tenis da Eurocidade.

Xa na parte final do ano o protagonismo será para o fútbol-sala coa celebración da Liga de Fútbol Sala Saudable 2015/2016, e o II Torneo de Baile deportivo e xa en decembro celebrarase o IV Trofeo Eurocidade de Natación.

Queda por determinar a data de celebración do I festival Aéreo da Eurocidade, aínda que o mes máis probable para a súa realización é o de agosto
Un total de 23 clubs participarán na organización de cada un dos eventos, ademais da Cámara de Valença e o Concello de Tui, e entidades como a Cruz Vermella Portuguesa , a GNR, os bombeiros Voluntarios, Policía Local de Tui, Garda Civil, Protección Civil de Tui e Radio Municipal. Agárdase unha participación de máis de sete mil deportistas no total das dezanove probas prevista ao longo do ano neste calendario deportivo da Eurocidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones