Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI E O VOLUNTARIADO DA CARIDADE DE SAN VICENTE DE PAÚL IMPULSAN O -BANCO DE NAIS E BEBÉS-

Os interesados en doar produtos para o coidado de bebés, poderán acudir os martes de 18.30h a 20.30h ó Convento das Milagrosas

Os interesados en doar produtos para o coidado de bebés, poderán acudir os martes de 18.30h a 20.30h ó Convento das Milagrosas

Fecha: 19 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui a través dos Servizos Sociais e en colaboración co Voluntariado da Caridade de Tui pon en marcha un novo servizo de apoio ás familias. Trátase do "Banco de Nais e Bebés, onde se recollerán cadeiras, roupa, accesorios, berces, coches, e cadeiras de seguridade para os automóbiles, para máis tarde facelas chegar a familias con necesidades do Concello.

O Voluntariado da Caridade recollerá as doazóns dos veciños de Tui, dúas veces á semana, os martes e os xoves entre as 18.30h e as 20.30h da tarde no seu local, situado no convento das Milagrosas, na Praza de San Fernando de Tui, para mais tarde repartilas entre familias que o precisen. Este labor levarase a cabo en colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Tui, que son coñecedores da necesidades existentes no municipio, e que dirixirán cara este novo servizo ás familias que o precisen.

Cabe salientar que todas aquelas persoas que decidan entregar roupa ou accesorios, deben ter en conta que a roupa debe estar limpa e en perfecto estado para o seu uso, e os coches, cadeiras de bebé, berces ou calquera outro elemento, deben estar tamén limpos, en perfecto estado de funcionamento e con todos os accesorios precisos para a súa utilización.

O concelleiro encargado de Servizos Sociais, Laureano Alonso, mostrouse satisfeito por esta iniciativa e confía que este novo servizo poida axudar a moitos pais que por circunstancias, teñan problemas económicos. O concelleiro coida que este servizo posto en marcha agora entre o Voluntariado da Caridade e o Concello de Tui, cubre unha carencia importante para as familias sen recursos e que teñen fillos pequenos, xa que é ben coñecido por todos o elevado custe da crianza dos cativos, o gasto en roupa e a necesidade de berces, coches, cadeiras e outros elementos necesarios, tanto para a casa, a rúa coma para o automóbil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones