Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui edita un calendario de 2020 ilustrado con portas da Eurocidade pintadas pola tudense Rosa Mª Vila

Poderase obter un exemplar a cambio de dous quilos de alimentos na casa do concello dende mañá martes

Poderase obter un exemplar a cambio de dous quilos de alimentos na casa do concello dende mañá martes

Fecha: 10 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

"2020. Abrindo portas..." é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.

Os doce meses do ano son ilustrados coas portas tudenses do convento das Clarisas, a gótica de San Domingos, a románica da Catedral, a do Casino Vello na Corredoira, a de Villa Blanca na rúa Augusto González Besada, e unha porta da rúa Canicouva. Mentres de Valença recóllense as portas da igrexa de Santa María dos Anxos, da Casa do Poço, da capela do Bom Jesús, da Casa do Eirado, da Casa da Toga e a Porta do Meio.

Os calendarios distribuiranse dende mañá, e até fin de existencias, a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros por exemplar na casa do concello. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño. Agradécese principalmente a entrega de leite, cacao, galletas, conservas, botes de garavanzos, lentellas e fabas, produtos de Nadal...
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones