Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui elaborará un diagnóstico da situación da praza de Abastos

Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio. O estudo debe estar rematado a finais de novembro.

Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio. O estudo debe estar rematado a finais de novembro.

Fecha: 26 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vai realizar un diagnóstico da situación e usos do mercado municipal de Tui, situado na rúa Maristas. Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio na reunión que celebrou na casa do concello presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro.

Este diagnóstico deberá estar concluído o 30 de novembro. Terá coma obxectivo analizar o estado actual da edificación, equipamento e servizos que se prestan na praza de abastos de Tui, realizar un estudo do impacto económico actual e potencial, e recoller o parecer tanto por parte dos praceiros e praceiras coma das persoas usuarias deste servizo.

O estudo tamén debe recoller unha descrición da oferta e da demanda tanto existente coma futura, realizando unha ficha individual de cada un dos postos existentes. Elaborarase un estudo DAFO e avaliaranse os procedementos administrativos municipais vinculados ao mercado coma a adxudicación dos postos, o regulamento ou a ordenanza municipal.

Unha vez recompilados estes datos farase unha análise e proposta de actuación de innovación, cun cronograma para acometer as melloras.

Unha vez conte con este documento o Concello de Tui disporá da información precisa para acometer as melloras que considere oportunas dende obras necesarias, recolocación de postos ou formación e titorización dos praceiros e praceiras.

Este diagnóstico será financiado grazas á achega da Consellería de Economía e Industria convocada dentro da liña de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia.

A Mesa Local de Comercio está formada polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, coma representantes municipais. Amais están presentes catro colectivos: a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui representada polo seu presidente, Juan Carlos Blanco, a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui, representada por Rocío Gómez, e se incorporan a Asociación de Empresarios de Areas, representada polo seu presidente Giorgio Casoni, e a Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, representada por Abel Vila. Tamén asistiu á reunión desta mañá Rosa Mª Rivas Lois, xefa de negociado da xefatura territorial en Pontevedra da Consellería de Economía.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones