Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal

O proceso é totalmente gratuíto para a veciñanza

O proceso é totalmente gratuíto para a veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Agosto de 2023

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta.  Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.

Neste momentos unha empresa contratada polo Concello está a colocar en todo o termo municipal, agás no centro urbano, as placas identificativas co nome do barrio ou rúa e o número correspondente. Este proceso é totalmente gratuíto para os veciños e veciñas, que o único que deben facer é facilitar a colocación da mesma por parte dos operarios da empresa contratada. Para proceder a este labor dende a empresa estase a contactar coa veciñanza para proceder á instalación da sinalada placa. Aquelas vivendas onde se produce un cambio na numeración están a recibir unha notificación por parte do Concello.

O que si terán que facer os veciños e veciñas, aos que lles mude o seu enderezo é informar do cambio ás empresas de subministros de luz, auga, telefonía,.. así coma aos distintos organismos coma Axencia Tributaria, Xefatura de Tráfico, Seguridade Social, SERGAS… ou outros organismos e entidades que teñan que ser coñecedores do seu enderezo. O Concello realizará automaticamente o cambio no padrón e no catrastro.

A nova numeración pódese consultar na web municipal ou na sede electrónica no apartado 13 de Padrón e Demarcación Territorial na Área de Transparencia  ou presencialmente na Secretaría na casa do concello.  No documento denominado “Distribuidor” débese localizar o mapa correspondente ao inmoble e descargar logo plano correspondente onde ven sinalizada a nova numeración e entre parénteses a antiga.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí