Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui executou a demolición das antigas oficinas de Cam-Fram na avenida da Concordia logo de acadar un acordo coa propiedade

A obra puido ser posible despois de negociar coa entidade mercantil unha ampliación do plazo da superficie de cesión, comprometéndose o concello ao derribo das dúas edificacións en ruina.

A obra puido ser posible despois de negociar coa entidade mercantil unha ampliación do plazo da superficie de cesión, comprometéndose o concello ao derribo das dúas edificacións en ruina.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Febrero de 2021

Fuente: Concello de Tui

A edificación, sita na avenida da Concordia, un dos principais viais de acceso a Tui, levaba máis de trinta anos nunha situación de estado ruinoso. Estaba composta de dúas unidades físicas, unha xa estaba derrubada parcialmente e a outra aínda se mantiña intacta pero tamén xeraba moito feísmo na zona e tamén atopábase en estado de semiruina.

O concello foi o encargado de acometer a demolición da infraestrutura, que está en terreos privados, aínda que cedidos ao concello para a celebración do Mercadillo dos xoves. A obra puido ser posible despois de negociar coa entidade mercantil unha ampliación do plazo  da superficie de cesión, comprometéndose o concello ao derribo das dúas edificacións en ruina.

Asemade o Concello de Tui está traballando noutro edificio sito tamén nas unidades de execución de Cam-Fram, este si de titularidade municipal, no que se está a redactar o proxecto para a sua rehabilitación, proxecto no que se contempla a cubrición da estrutura do edificio de xeito temporal en tanto non inicien as obras de acondicionamento, a fin de garantir a seguridade no mesmo e tamén eliminar o feísmo nese ámbito urbano.

A seguinte actuación na zona, despois da conclusión da apertura da rúa Ourense, será a execución do proxecto de humanización da avenida da Concordia, ao igual que se está a facer na rúa Colón, obra que se espera dea comezo a principios do vindeiro ano, a fin de dignificar as entradas a cidade tudense.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí