Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI FAI PÚBLICAS AS BASES DE BOLSAS PARA ENSINANZAS MUSICAIS NO CONSERVATORIO

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de novembro

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de novembro

Fecha: 22 de Octubre de 2015

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui ven de publicar as bases, o modelo de declaración responsable e a solicitude das bolsas para ensinanzas musicais no Conservatorio para este curso 2015-2016.

O Concello de Tui realiza, dende fai anos, o programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias do termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión de bolsas en réxime de concorrencia competitiva.

Ditas bolsas de estudo estarán dispoñibles para alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Musica curso 2015-2016 que estean empadroados en Tui ó igual que os seus proxenitores, ademais de ter unha renda que non supere 3 veces o IPREM (22.365,42 €). Así, outros requisitos son: non ser beneficiario/a doutras entidades ou organismos públicos ou privados de axudas por este concepto; e non superar o límite de axudas establecido e ter o curso completo aprobado (referido ao período lectivo 2014-2015), agás para os que inicien os estudios este período lectivo, os cales deberán estar matriculados na totalidade de materias correspondentes ó primeiro ano.

Os interesados deberán presentar ata o 13 de novembro a solicitude, en modelo oficial, no rexistro xeral do Concello de Tui, unha fotocopia do DNI ou NIE e todos os datos económicos solicitados refírense ó exercicio económico 2014.

O texto íntegro das bases está dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na súa páxina web (www.concellotui.org ) e no Taboleiro principal da Escola Municipal de Música polo prazo de 20 días dende a data de aprobación da presente convocatoria. Asemade os mestres de ensinanzas musicais do Concello encargaranse de darlle a publicidade necesaria para que tódolos alumnos/as teñan coñecemento da presente convocatoria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones