Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello de Tui impartirá un curso para deixar de fumar no mes de xaneiro

É totalmente de balde e celebrarase en sete sesións de tarde a partir do 18 de xaneiro

É totalmente de balde e celebrarase en sete sesións de tarde a partir do 18 de xaneiro

Fecha: 26 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza como xa é habitual, para o mes de xaneiro un curso gratuíto de "Deshabituación Tabáquica".

O curso, que comezará o 18 de xaneiro na Área Panorámica, consta de sete sesións cunha duración de hora e media cada unha, en horario de tarde, os mércores de 18:30 a 20:00 horas e está enfocado a persoas maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar.

Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de deixar atrás ao tabaquismo. Os interesados poden anotarse nas dependencias de Servizos Sociais no Concello de Tui en horario de mañá, no teléfono 986 60 36 25 ou no correo electrónico paula.ssociais@concellotui.org. O prazo de inscrición remata o xoves, 29 de decembro.

Dende a Concellería de Servizos Sociais lembran que o tabaco é unha das maiores ameazas para a saúde pública xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) ao ano morren case 6 millóns ao ano a causa deste hábito dos cales máis de 5 millóns son consumidores directos.

Segundo a propia OMS, a maioría dos fumadores que coñecen os risos do tabaco desexan deixalo pero na meirande parte deles non conseguen facelo de forma autónoma. Por isto, é necesario o asesoramento xa que este pode duplicar a probabilidade de que un fumador logre por fin a súa adicción.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí