Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TUI INFORMA DA OBRIGATORIEDADE DA LIMPEZA DOS PIÑEIROS AFECTADOS CON BURSAPHELENCHUS XYLOPHILUS

No caso de non limpar os piñeiros sintomáticos nun prazo de quince días, a Xunta de Galicia poderá abrir un expediente sancionador

No caso de non limpar os piñeiros sintomáticos nun prazo de quince días, a Xunta de Galicia poderá abrir un expediente sancionador

Fecha: 26 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui informa, a raíz dun informe achegado pola consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia no que declara a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus, da obrigatoriedade da limpeza dos piñeiros afectados coa praga do municipio.

Para combatelo, a Orde do 22 de marzo de 2012 establece que nas zonas comprendidas na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal, eliminaranse os piñeiros que mostren síntomas de estaren afectados polo organismo. O mesmo que os que se atopen nunha distancia inferior a 100 metros das vías ferroviarias, estradas, autoestradas e outras vías directas de comunicación con Portugal ou que estean a menos de 100 quilómetros da fronteira con este país.

A resolución do 19 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, concedíalles ós propietarios un prazo ata o 28 de febreiro de 2015 para realizar estas medidas de eliminación de piñeiros.

No caso de comprobarse en parcelas de carácter privado a existencia de árbores sintomáticas, decaídas ou mortas, que non foron retiradas no prazo concedido de quince días, procederase á apertura do correspondente expediente sancionador.

A non retirada das árbores decaídas considerarase un incumprimento das medidas fitosanitarias establecidas para combater unha praga ou impedir ou dificultar o seu cumprimento, constitúe unha infracción grave de acordo ó disposto no artigo 55. M) da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de Sanidade Vexetal. As infraccións graves da mesma norma, segundo o artigo 58.1 b) serán sancionadas con multa comprendida entre os 3.001 e os 120.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí