Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello de Tui instalou unha plataforma elevadora no CEIP nº1 mellorando a accesibilidade do centro

Investíronse 13 mil euros neste mecanismo de fondos municipais, mentres que a Xunta fíxose cargo da adaptación dos baños

Investíronse 13 mil euros neste mecanismo de fondos municipais, mentres que a Xunta fíxose cargo da adaptación dos baños

Fecha: 10 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tui

Esta semana entrou en funcionamento no CEIP nº1 de Tui unha plataforma elevadora nas escaleiras de acceso dende a planta baixa ao primeiro andar coa que o centro gaña en accesibilidade.

O Concello de Tui asumiu o investimento de 13 mil euros para a colocación deste dispositivo, logo de chegar a un acordo coa Xunta de Galicia polo que a administración autonómica fíxose cargo de adaptar os baños do centro e a administración local desta plataforma.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, achegáronse onte pola mañá ao centro para comprobar o funcionamento desta plataforma que entrou en funcionamento o pasado luns logo de completarse o proceso de licitación e adxudicación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o equipo de goberno están a valorar "instalar medidas de accesibilidade en todos os centros educativos do municipio" sinalando que nestes momento o que máis urxe é o de Guillarei "porque temos unha petición enriba da mesa xa que hai unha alumna deste colexio que pasará de ciclo o próximo curso e precisará acceder á planta superior do centro".
 
A directora do CEIP nº1, Nuria Garabal, que acompañou ao alcalde e á concelleira de Ensino e Cultura na súa visita, xunto á secretaria María José Barros, explicou que o luns cando se puxo en marcha a plataforma elevadora foi unha festa para os alumnos xa que deste xeito o curso de 5º de primaria que tivera que ser desprazado provisionalmente a planta baixa do curso volve ocupar a súa aula Avalar que está totalmente dixitalizada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí