Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui investirá case 900 mil euros na humanización das rúas Coengo Valiño e Antero Rubín

A obra, que nun 80% será financiado polo programa REACPON da Deputación, poderá comezar a inicios do ano 2022

A obra, que nun 80% será financiado polo programa REACPON da Deputación, poderá comezar a inicios do ano 2022

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vai acometer a humanización das rúas Antero Rubín e Coengo Valiño cun investimento de 897.252,63 € dos que a Deputación achegará 717.802,10 € a través do programa REACPON.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualifica esta obra de “necesaria e importante para o noso patrimonio” xa que esta actuación ten por obxectivo mellorar a situación na que se atopan estas rúas en pleno Camiño de Santiago e nunha das entradas ao conxunto histórico. O rexedor tudense cualifica o proxecto a executar de ambicioso. Tras saír a licitación está pendente de ser adxudicado e de habilitar o crédito preciso para facer fronte á aportación municipal para a súa execución. 

Lembra Enrique Cabaleiro que esta subvención “está suxeita aos principios do plan Ágora que aprobou o Concello de Tui, que nos esixe gañar un 50% do espazo humanizado para uso peonil”. Engadía o rexedor tudense que “a execución deste proxecto vai contribuír moito á recuperación da zona e redundará en beneficio dos veciños e veciñas que viven nese ámbito urbano”. As obras poderían comezar a principios do próximo ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí