Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello de Tui inviste máis de 100 mil euros nos centros educativos

Un novo comedor no CEIP nº2 e a remodelación do patio do CEIP de Randufe son dúas das actuacións que se están a executar

Un novo comedor no CEIP nº2 e a remodelación do patio do CEIP de Randufe son dúas das actuacións que se están a executar

Fecha: 04 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, supervisaron esta semana as obras que se están a realizar nos distintos centros educativos do municipio aproveitando as vacacións escolares. Estes traballos suporán un investimento superior aos 100 mil euros tanto de fondos propios coma do plan Concellos da Deputación.

Unha das actuación destacadas é o acondicionamento do novo comedor escolar no CEIP nº2 de Tui con cargo ao Plan Concellos. Trátase de reformar o edificio que nos últimos anos acollera a sede do CRA Mestra Clara Torres para dar cabida a todos os alumnos que demandan o servizo de comedor, que se incrementou notablemente nos últimos anos. Prevese que as obras estean rematadas no mes de outubro. Amais no CEIP de Pazos de Reis acondicionouse unha estancia para prestar o servizo de comedor que este centro incorporará no próximo curso escolar.

Por outra parte, tamén con fondos dos Plan Concellos, estase a acondicionar o patio exterior do CEIP de Randufe, dando resposta así a unha vella demanda deste centro educativo. Tamén con fondos provinciais levarase a cabo o arranxo e acondicionamento do patio exterior e da zona axardinada da Escola Infantil Galiña Azul.

O verán é aproveitado para realizar amais diversas obras de mantemento polos operarios municipais, pondo a punto os colexios para o comezo do curso o próximo mes de setembro. Os escolares atoparán así unha nova imaxe no aula de Infantil e tamén no colexio de Guillarei onde se está rematando o pintado exterior en gris e azul, se arranxou o peche e o parque infantil, e se reformaron os baños para facelos accesibles. Mentres malva e fucsia e pistacho e malva foron as cores polas que se apostou para o pintado interior do CEIP de Caldelas, e tamén se acometerá o pintado dalgunhas aulas do CRA Mestra Clara Torres. Amais no CEIP de Rebordáns comezaron hoxe o cambio dos falsos teitos.

A estes traballos sumanse tamén pequenos arranxos que con carácter xeral se realizan en todos os centros educativos públicos póndoos a punto para o novo curso escolar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí