Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui leva asuntos de gran importancia ao pleno deste xoves

Entre outros temas se vai debater a proposta do goberno local da modificación da ordenanza fiscal do IBI e do IAE co fin de rebaixar estes dous impostos.

Entre outros temas se vai debater a proposta do goberno local da modificación da ordenanza fiscal do IBI e do IAE co fin de rebaixar estes dous impostos.

Fecha: 27 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

A rebaixa do IBI e o IAE, a dotación económica para o concurso de ideas de ordenación da fronte fluvial, a adquisición do teatro principal, a solicitude de admisión a rede de xudería de España, unha modificación puntual do PXOM na aduana e as contas de 2017 son parte orde do día destacado.

O equipo de goberno de Tui vai levar a pleno este xoves as 20.00h a rebaixa de imposto do IBI e o IAE a modificación de crédito para dotar de premios o concurso de ideas de ordenación da fronte fluvial, a adquisición do teatro principal de Tui a solicitude de admisión de novas cidades a rede de xudarías de España e a modificación do PXOM que permitirá a rehabilitación do edificio da antiga aduana.

No pleno deste próximo xoves se debateran asuntos de gran relevancia para o concello de Tui. Entre outros temas se vai debater a proposta do goberno local da modificación da ordenanza fiscal do IBI e do IAE co fin de rebaixar estes dous impostos. Por outra banda, tamén se vaia debater a modificación decreto para as bases e a dotación de premios dun concurso de ideas co fin de reordenar a fronte fluvial, este proxecto xa foi aprobado en pleno pero agora debe ir de novo a debate para dar resposta as alegacións presentadas pola oposición.

Nesta sesión plenaria tamén se vai debater o expediente de adquisición directa do teatro principal que chega así ao remate do novo proceso e que de ser aprobado podería considerarse este teatro de propiedade municipal. Na mesa sesión tamén se vai debater a posibilidade de que o Concello de Tui solicite a admisión na rede de xuderías de España "Camino de Sefarad", unha posibilidade que se abre agora e que de ser admitida Tui pasaría a formar parte dun selecto grupo de cidades que pertencen a este rede.

No Pleno tamén se debaterá a aprobación inicial de modificación puntual do plan xeral ordenación municipal no equipamento E-209-A referido ao antigo edificio da Aduana, esta modificación, unha vez refrendada pola Xunta de Galicia, permitirá a Cámara de Comercio de Tui, actual propietaria do edificio, rehabilitalo de xeito integral para o seu uso e lles permitirá tamén, instalar alí as súas oficinas.

Ademais de todos estes importantes asuntos se debaterá a aprobación da conta xeral do exercicio 2017 e os estados de contas anuais anexos a mesma.

Na opinión de Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, "estamos diante dun pleno de gran transcendencia e os e mais contido dos últimos anos".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones